Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Ábrese o concurso para xestión do bodegón “Portovello” do Museo do Coiro de Allariz

Institucional 15/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno do Concello de Allariz celebrado o pasado venres, 12 de febreiro, aprobou o prego de bases económico-administrativas dunha nova concesión por 20 anos do servizo de bodegón do Museo do Coiro “Fábrica dos Nogueiras”. A valoración dos proxectos presentados centraranse na proposta económica que parta do mínimo esixido de 100.000€, o proxecto de xestión e a xeración de emprego.


O Plan Allariz 2020 protagonizará o pleno extraordinario da vila ourensá

Institucional 11/02/2010
  Envía a túa opinión

A partir das sete e media da tarde de mañá venres o Salón de Plenos do Concello acollerá unha nova sesión extraordinaria do pleno municipal. A orde do día comezará coa aprobación do borrador correspondente ás actas da sesión do 10/12/09 e coa ratificación, se procede, do Decreto de formalización de data 28/01/2010. A sesión continuará coa aprobación da convocatoria e bases por procedemento aberto da concertación dunha operación de préstamo a longo prazo por importe de 1.200.000€. A formalización do préstamos permitirá comezar coa execución do Plan Allariz 2020, no que se recolle a mellora dos servizos públicos nas parroquias, a rehabilitación do patrimonio etnográfico dos pobos, o acondicionamento dos locais sociais así como a mellora de espazos recreativos e parques infantís e a reforma das instalacións municipais como a Casa da Cultura, Clube de Piragüismo ou o Salón da Praza de Abastos.



Allariz acolle o Campionato Galego de Baloncesto de Seleccións Zonais

Deportes 10/02/2010
  Envía a túa opinión

O pavillón municipal de Allariz acolle a partir das dez e medida da mañá do vindeiro sábado día 13 de febreiro a terceira concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Balocensto na categoría de alevíns. O municipio tamén estará representado nesta concentración deportiva. Sergio Gavilanes e Alberto Fernández, veciños alaricanos participan no campionato, como compoñente da selección alevín masculina e seleccionador ourensán masculino.



Teresa Devesa e Antonio Blanco presentaron en Allariz “55 mentiras sobre a lingua galega”

Cultura 09/02/2010
  Envía a túa opinión

Allariz foi unha das 69 localidades mundiais, como Barcelona, Bos Aires, ou Bethelem en Palestina, que participaron o venres, 5 de febreiro, na presentación do libro coordinado por Xosé Henrique Costas 55 mentiras sobre a lingua galega que tivo lugar na Fundación Vicente Risco en Allariz. Un acto de Prolingua, realizado simultaneamente nas localidades galegas e no resto do Estado español, no que interviñeron Teresa Devesa e Antonio Blanco, personaxes implicados directamente na política e cultura galegas.


O grupo de desenvolvemento rural Avinza GDR 15 fixa os retos para 2010

Sociedade 03/02/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O salón de actos do Centro de Promoción Económica de Allariz acolleu a reunión da Xunta Directiva da asociación Avinza GDR 15. A adhesión do colectivo á Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, a aprobación da campaña de divulgación e promoción para o ano 2010 ou os cursos que se impartirán dentro do proxecto de cooperación Ambiempléate foron os temas principias que cenraron esta sesión directiva.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros