Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O poeta e avogado foi nomeado Fillo Predilecto de Tomiño

Xosé Luís Franco Grande: “A cultura galega non poder estar sometida nunca a liortas políticas”.

Cultura 13/01/2012
  Envía a túa opinión

“Nacín co Frente Popular”, rememora o poeta, xornalista, ensaísta e avogado Xosé Luís Franco Grande, que veu ao mundo en febreiro do ano 1936 na parroquia de Tebra, no municipio pontevedrés de Tomiño. O Concello acordou nomealo Fillo Predilecto da vila, distinción que recibirá rodado de amigos, veciños e outros persoeiros das letras galegas nunha homenaxe programada para mañá sábado. “Agradezo que fose de xeito unánime”, di o autor, celebrando que os grupos da corporación local aparcaran as súas diferenzas para recoñecer, a través da súa persoa, a cultura galega. Ao rememorar o seu fogar natal, declarou a Radiofusiòn que “Rilke tiña razón: a verdadeira patria do ser humano é a infancia”.


Protesta dos traballadores de Navantia Fene

Galicia, a segunda comunidade na que máis subiu o paro en decembro

Sociedade 03/01/2012
  Envía a túa opinión

O paro segue medrando en Galicia por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou, no mes de decembro, en 1.897 persoas, en Galicia inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás da comunidade de Castela-León. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos.


O secretario xeral de CCOO Galicia chama a defender o sector público

Xosé Manuel Sánchez Aguión: “As liñas do recorte superan con moito as liñas de ingreso fiscal”

Sociedade 02/01/2012
  Envía a túa opinión

“Claramente insuficiente”. Así despacha o secretario xeral de Comisións Obreiras-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, o impacto que pode ter o paquete de reformas aprobado polo Consello de Ministros e que inclúe unha revisión profunda do réxime fiscal. Porén, o Goberno estase a trabucar de obxectivo porque o propósito debera ser “que paguen máis os que máis teñen”. O líder sindical denunciou en Radiofusiòn que mentres “á parte máis feble se lle conxela o salario”, permíteselle todo aos que, como os directivos financeiros, contan con nóminas e compensacións “astronómicas”. E no medio deste escenario, estase a “desmantelar” o sector público “de maneira deliberada”, alerta.


Fotografia: Europa Press

O inicio do inicio

Sociedade 30/12/2011
  Envía a túa opinión

"É só o inicio do inicio", advertiu a ministra portavoz do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. A número dous do executivo compareceu este mediodia para debullar os recortes nos orzamentos diante dos medios informativos, acompañada polos titulares dos departamentos de Economía, Facenda e Traballo. Xa hai as primeiras reaccións. A CIG afirma que están en perigo os servizos públicos esenciais. O sindicato nacionalista alerta pola repercusión destas medidas entre os sectores da poboación máis desfavorecidos.


A Asociación de Traballadoras do Fogar Xiara considera a nova norma un paso adiante

As traballadoras do fogar estrean o domingo dereitos laborais

Sociedade 29/12/2011
  Envía a túa opinión

O ano 2012 estrearase cun cambio substancial nas condicións laborais das traballadoras de fogar, que desde o 1 de xaneiro estarán integradas no Réxime Xeral da Seguridade Social. Este cambio supón unha mellora nas súas condicións laborais e retributivas e con él danse uns pasos imprescindibles para que este traballo deixe de estar abonado á precariedade. En Galicia calcúlase que realizan ese labor arredor de 70.000 mulleres, das que só 20.000 están dadas de alta na Seguridade Social.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros