Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O submarinismo pode practicarse durante todo o ano

O submarinismo permite descubrir a outra

Sociedade 29/07/2010
  Envía a túa opinión

O buceo é unha actividade deportiva na que a persoa se introduce totalmente na auga e intenta que o seu corpo se apapte a este novo medio sen modificalo. O buceo favorece a relación da persoa co medio mariño e aínda que nun primeiro momento poida resultar agobiante para aqueles que se están iniciando, unha vez acadados uns coñecementos básicos, a maioria dos submarinistas logran un estado de relaxación cada vez que se sumerxen. Galicia agocha unha importante riqueza natural e paisaxística nos seus fondos mariños, algo descoñecido para moitos e que pouco a pouco capta máis afeccionados.


50 nenos/as participarán nesta actividade

Os máis pequenos de Boiro concienciados co medio ambiente

Sociedade 09/07/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro porá en marcha un verán máis a patrulla medioambiental nas praias do municipio. Este é o terceiro verán que vén funcionando este operativo nas praias de Boiro. Comezará a patrullar o luns, 19 de xullo.Trátase dunha actividade desenvolvida por nenos de entre 6 e 14 anos nos areais de Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barraña.


Bandeira azul

O Concello de Boiro iza as bandeiras azuis e “Q” de calidade nas praias

Sociedade 07/07/2010
  Envía a túa opinión

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, acompañados doutros membros do goberno, realizará mañá xoves, á unha do mediodía na praia de Mañóns, o acto de izado das bandeiras azuis e “Q” de calidade. Boiro conta con cinco bandeiras azuis e tres coa “Q” de Calidade. O Comité de Seguimento do Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE) decidiu renovar o distintivo da Q de Calidade Turística nas praias de Mañóns, Carragueiros e A Retorta, e polo que respecta á Bandeira Azul, a Asociaciación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), otorgouna a Carragueiros, Barraña, Mañóns, A Retorta e Saltiño – Barraña – Esquerda.


O peirado de Cabo de Cruz, punto de inicio e chegada da ruta cicloturística

O Concello de Boiro inaugura a ruta cicloturística das praias

Sociedade 03/07/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro luns, 5 de xullo ás 18:30 horas inaugurarase a ruta cicloturística das praias. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Trátase dun percorrido circular de 17 qm. dunha hora e media, con inicio e fin no peirao de Cabo de Cruz. O roteiro une as praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e ó seu paso atopamos interesantes recursos turísticos. As catro rutas restantes inauguraranse no vindeiro mes de agosto. A rede de itinerarios foi financiada totalmente pola Deputación Provincial.


Revista das festas de verán de Boiro

A Mostra de Culturas, un dos atractivos das festas de verán de Boiro

Sociedade 01/07/2010
  Envía a túa opinión

As festas de verán de Boiro, son unha mistura do relixioso e o pagán. Desde mañá venres e ao longo de seis días Boiro engalánase para acoller as numerosas actividades que se desenvolverán nesta semana grande para os boirenses. Dentro dos actos previstos sobrancea a Mostra das Culturas, unha cita que acada este ano a súa sétima edición. Constitúe unha aposta forte por recuperar as tradicións do concello. A malla do centeo, obxectos que reflicten o vencellamento entre Boiro e o mar, presentación de distintos oficios (albaneis, cesteiros, carpinteiros). Durante dous días e, baixo carpa, amosaranse aspectos tradicionais do pobo pero tamén doutras localidades de España e do estranxeiro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros