Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Centro de Arzúa

Un morto e un ferido grave nun accidente en Arzúa

Sociedade 17/09/2009
  Envía a túa opinión

Un home de 46 anos de idade faleceu hoxe vítima dun accidente de tráfico no que se viron implicados dous furgonetas e un camioneiros. Consecuencia deste, tamén resultou ferido de gravidade un home de 33 anos. Segundo informou a Garda Civil, os feitos tiveron lugar ás 13.15 horas no punto kilómetro 55,2 da estrada N-547, no termo municipal coruñés de Arzúa.


O Camiño de Santiago discurre 16 quilómetros polo término municipal de Arzúa

Visitantes de Arzúa: moitos e variados

Sociedade 15/09/2009
  Envía a túa opinión

1000 persoas máis ca no 2008 son as que nos meses de xullo e agosto deste ano pasaron pola Oficina de Turismo de Arzúa, situada en pleno Camiño de Santiago, na chamada Praza do Peregrino. Os datos facilitados pola Concellería de Turismo de Arzúa cifran en 4.175 as persoas que durante este período se achegaron ata o punto de información turística para efectuar consultas relativas a lugares que visitar ou aloxamentos nos que pernoctar.


O Xacobeo 2010 animará o camiño de Santiago

Principian en Navacerrada o camiño de Santiago

Sociedade 13/09/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid comeza o vindeiro mércores as actividades do próximo curso. A primeira das iniciativas planificadas para os seus socios precisamente será unha peregrinación que partirá desde a Sierra de Navacerrada cara a Compostela o  mércores 16 de setembro.


Os participantes dos obradoiros beneficiaránse das vantaxes de internet

Obradoiros para a búsqueda de emprego ou solicitar cita médica mediante internet

Sociedade 13/09/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Telecentro de Arzúa ten previsto organizar para a última quincena deste mes unha serie de obradoiros dirixidos á poboación en xeral. Nos cursos ensinaráse cómo buscar emprego a través da rede ou mesmo cómo se solicita unha cita médica no SERGAS sen necesidade de desprazamento.


Perspectiva do glaciar de Cepedelo

O Glaciar de Cenza converte a Chaguazo nun centro de referenza do Glaciarismo galego

Sociedade 13/09/2009
  Envía a túa opinión

Os participantes nas Xornadas Ciencia e Territorio, organizadas por sétimo ano consecutivo polos Departamentos de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais do IES Melide, e polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, realizaron o traballo de campo, o pasado venres, en Manzaneda, e máis concretamente na contorna do encoro de Cenza e na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros