Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A conferencia forma parte das actividades organizadas por motivo do Día Internacional dos Bosques

As árbores senlleiras de Galicia

Sociedade 30/05/2011
  Envía a túa opinión

O salón de actos da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, albergará mañá martes ás 12:00 horas, unha conferencia sobre “As árbores senlleiras de Galicia” impartida por Antonio Rigueiro Rodríguez. A charla enmárcase nas actividades organizadas pola Facultade de Ciencias con gallo do Ano Internacional dos Bosques.


Porto de Malpica

2 mariñeiros de Malpica mortos ao afundirse un pesqueiro

Sociedade 27/05/2011
  Envía a túa opinión

O pesqueiro "Novo Luz" de Malpica de Bergantiños afundiuse a primeiras horas desta mañá a 8 millas de punta Langosteira, nas inmediacións da Coruña. Unha via de auga podería ser a causa do afundimento do barco que provocou a morte de dous dos seus tripulantes.


O festival procura a popularización do jazz galego

Delicatessen final do "XI Burgojazz" con Nani García Trío

Sociedade 26/05/2011
  Envía a túa opinión

Anacaona Latin Jazz actúa ás 20:30 do serán no Xardín Botánico “Ría do Burgo” dentro do "XI Burgojazz". Un Cuarteto de excelentes músicos de jazz e de recoñecido respecto gañado a base dunha longa vida nos escenarios de todo o mundo. Para clausurar esta edición, o prato forte vén da man de Nani García Trío, un dos grandes referentes do jazz galego. Unha “delicatessen” musical que se servirá mañá venres ás 20:30 horas.


A poeta da Xeracións dos 90

As mentiras de Emma Pedreira reciben o premio “Concello de Carral” de poesía

Cultura 25/05/2011
  Envía a túa opinión

O premio do Certame de Poesía “Concello de Carral” entrégase este venres de xeito simultáneo á  presentación do libro que resultou gañador na edición 2010. O acto comprenderá a entrega do premio a Emma Pedreira que resultou vencedora na presente edición co seu poemario “Libro das mentiras”, e a presentación do libro “As crebas” de Miro Villar, que gañou na 13ª edición do concurso e que publica Edicións Espiral Maior. Participarán no acto, ademais dos autores, o alcalde José Luis Fernández Mouriño, o director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, e a poeta Olga Patiño en representación do xurado deste ano.


A presentación de fotografías remata o 29 de maio

Na caza de arcos da vella

Cultura 25/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A descomposición cromática da luz branca debida a fenómenos naturais (arco da vella, desxeo, aureolas luares, etc) ou provocada artificialmente (aspersores, ventanais, prismas...) constitúen o tema central do Concurso fotográfico “Cazadores con Arco (Iris)” organizado polo Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF). O premio consistirá na impresión dalgunhas obras seleccionadas, a súa exhibición en espazos comúns do Museo e a súa posterior entrega aos autores. O domingo 29 de maio péchase o prazo de presentación de instántaneas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros