Envía a túa opinión
O Ministerio de Medio Mariño convocou unha reunión para pasado mañá mércores, coas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e o Pais Vasco para analisar a situación da pesquería da pescada. A Unión Europea sinala que a finais deste mes é posible que o sector cubra xa as 5.800 toneladas de tope asignado para España. A secretaria da confraria de pescadores de Cedeira Irene Estevez amosouse esperanzada diante da reunión do mércores. Sinalou que este ano como o anterior se está collendo moita pescada, e afirmou que as cuotas da Unión Europea non son realistas.
Envía a túa opinión
O buque de proxección estratéxica Juan Carlos I (L61) saiu esta mañá a probas de mar. As sete e media da mañá comezou a solta de amarras e as maniobras previas á saida do buque dos peiraos de Navantia Ferrol. As oito xa saia pola boca da ría entre os castelos de San Felipe e da Palma. A compañía pública poñerá a proba o comportamento do buque no mar.
Envía a túa opinión
A Escudería Scracht Fene logrou reunir a centos de mozos e mozas nas instalacións do Pote de Maniños para gozar coas probas da Macrofesta do Motor. As exhibicións de Pedro Villar no campo da festa, o seu dominio do vehículo acompañado dunha espectadora que actuou como copiloto, arrincaron o aplauso do numeroso público congregado no lugar, a pesar das elevadas temperaturas e do sol que mandou durante toda a xornada.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A literatura conserva un tono íntimo e máis emoción. Así opina o profesor norteamericano John Thompson que estudou as novelas que versan sobre a guerra civil en Galicia. Coa lectura desas obras atopou unha fonte da memoria, con vivencias máis reais que as dos libros de historia.
Envía a túa opinión
O Centro da Terceira Idade de Fene morre pouco a pouco. No ultimo pleno da Corporación tres persoas en representación dos maiores ergueron a voz para protestar pola situación que atravesan. Queixánse do peche de dous servizos que eran a alma do centro: a cafetería e o comedor. Piden que o concello actue como intermediario coa Xunta de Galicia e conquerir así que se acometa a reforma necesaria no centro da rúa da Torre para devolverlle a vitalidade que tiña. Radio Fene desprazouse ao centro esta semana para coñecer o parecer da xente.