3 comentario/s - Envía a túa opinión
Facémonos eco hoxe nesta páxina dunha adicatoria que nos fixeron chegar as nais e pais do alumnado de 6º curso do colexio Centieiras de Perlio- Fene- Trátase daqueles que marchan do centro despois de 9 anos escolarizados nel.
Envía a túa opinión
O paseo marítimo de San Valentín acolle esta fin de semana, o sabado 12 e domingo 13, a I Feira de Artesanía Medieval, organizada pola Asociación Cultural O Tadetas. Faise coincidir o sabado coa Xuntanza de Palilleiras no pavillón A Xunqueira, organizada pola mesma asociación e a Escola de Palilleiras do barrio. O sabado actua no recinto feiral O Deus Pan, un fauno contacontos que percorrerá os postos de artesanía da feira.
Envía a túa opinión
As abundantes precipitacións caidas a pasada noite e ao longo do dia provocaron anegamentos en distintas zonas de Perlío en Fene. O canle do río Cádavo non puido coa inxente cantidade de auga o que obrigou ao corte de varias rúas e ao anegamento de distintas vivendas e baixos. Os piores momentos producíronse despois das pleamares que hoxe coincidiron ás 3 da madrugada e as 3 da tarde.
Envía a túa opinión
O concello de Fene inaugura a última fase do Parque Castelao, executada pola V Escola Obradoiro. O acto está previsto para as 12,30 da mañá. Na xornada de hoxe ultímanse os detalles finais e amáñanse os problemas provocados polas choivas das ultimas horas, segundo a directora da Escola Obradoiro, Humbelina Gómez. O proxecto custou 600.000 € e ven completar os planetas da "Galaxia Imaxinaria", nunha superficie de actuación de 5.000 metros cadrados.
Envía a túa opinión
A actriz Nuria Espert asistirá á inauguración en Ferrol da exposición “Torrente Ballester e o mar”, organizada polo Concello de Ferrol para conmemorar o centenario do nacemento do escritor ferrolán. Inaugurase este sabado, á 1 no edificio de Herrerías, onde permanecerá ata o vindeiro 31 de xullo. Ao acto asistirán dous fillos do escritor homenaxeado, Álvaro Torrrente Sánchez-Guisande e Marisa Torrente Malvido, o director xeral de Cultura e a actriz española e Premio Nacional de Teatro no ano 1984 Nuria Espert, quen mantivo unha estreita relación persoal con Torrente Ballester.