Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O local social de Leira inaugurouse o 14 de maio do 2010

Leira conta con novo local social

Sociedade 20/05/2010
  Envía a túa opinión

A antiga escola da parróquia de Leira en Ordes foi reformada e rehabilitada co fin de dar un novo uso para toda a cidadanía. Iniciativas similares se realizan en Beán e Poulo, onde se preparan instalacións que poidan acoller todo tipo de actividades sociais e culturais.


A velada na Casa da Cultura de Ordes

As poesias máis fermosas

Sociedade 19/05/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes celebraba onte pola noite o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas en homenaxe a Uxío Novoneyra. Un acto no que houbo tempo para exaltar ao poeta do Courel, así como para a música e tamén para dar a coñecer os nomes dos gañadores do III Certame de Poesía Día das Letras Galegas convocado polo Concello de Ordes.


A profesora Lidia Abuín, o concelleiro Jesús Pedreira e a directora Paz Robalo

Recollida selectiva de residuos no colexio

Sociedade 18/05/2010
  Envía a túa opinión

O CEIP Castelao de Ordes puxo en marcha unha iniciativa medioambiental, consistente na recollida selectiva de residuos. Unha iniciativa que se enmarca dentro do programa municipal Ordes Recicla, que se está promocionando dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes. Así este centro educativo ordense está a traballar na instalación dun sistema de recollida selectiva de residuos que trata de fomentar o espíritu ecolóxico entre os seus alumnos.


Alumnos e alumnas nas escaleiras da Casa do Concello de Ordes esta mañá

Así funciona un Concello

Sociedade 14/05/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de 55 alumnos e alumnas do CEIP Castelao que quixeron coñecer de primeira man o funcionamento da administración local. A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, ensinou aos escolares cada un dos departamentos  polos que está formado o Concello, os seus cometidos e o seu funcionamento.


Un mundo de enerxía

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, visitaba esta mañá a mostra “Un mundo de enerxía”, ubicada dende o pasado 4 de maio no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares, e que permanecerá aberta ao público ata o próximo día 17. Unha mostra que visitaron tamén durante todos estes días preto de 500 alumnos e alumnas de diferentes centros de ensinanza ordenses, como o IES Nº 1, o IES Maruxa Mallo e o CEIP Castelao.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros