Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Montserrat García co presidente da Deputación da Coruña na Expo de Zaragoza

Solicitar licenzas, ver a tele, escoitar a radio, pagar impostos, ...

Institucional 07/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes conta cunha nova páxina web coa que se pretende ofrecer á cidadanía non só unha ampla información sobre os servizos que oferta o concello, senón tamén axilizar trámites coma o pago de recibos ou a obtención da diferente documentación para, por exemplo, solicitar unha licenza. Esta ferramenta foi presentada esta tarde pola edil de Participación Cidadá, Montserrat García, nun acto que se celebrou no salón de plenos da Casa Consistorial, e no que estivo acompañada polo responsable da RTV local, Xose Cendán.


Na biblioteca de Fene tamén se celebrou esta mañá marathón de lectura

Unha muller, no plantel da Policia Local das Pontes

Sociedade 06/03/2009
  Envía a túa opinión

A dous días para a celebración do día internacional da muller traballadora, hoxe fomos as protagonistas a través do programa de Radio Eume Voces en Igualdade, enmarcado no programa As Pontes en feminino da Concellería de Servizos Sociais. A emisora local trasladou, durante unhas horas, os seus estudios á sala de lectura da biblioteca, a onde se foron achegando un bo número de veciños e veciñas das Pontes, tanto para tomar parte na maratón de lectura como tamén para expresar as súas ideas e opinións sobre a situación da muller en ámbitos como o laboral ou o político.


A carreira do San Xosé mistura circuito urbano e rural

A correr polo San Xosé

Deportes 05/03/2009
  Envía a túa opinión

O 19 de marzo aproxímase e con este día unha cita ineludible para deportistas e afeccionados ao atletismo e é que, un ano máis, o concello das Pontes, a través do departamento de deportes está a preparar a tradicional Carreira Pedestre de San Xosé, que este ano cumprirá xa a súa décimo novena edición. O clube de atletismo olympo da nosa vila tomará parte tamén na organización deste evento que dará comezo ás 11 da mañá coa competición para os máis novos


O plantel de LM Composites no 2007 celebrou cun xantar os 10 anos de funcionamento

Os traballadores de LM Composites reúnense mañá en asamblea

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Os traballadores de LM Composites reunénse mañá xoves en asamblea para analisar a información facilitada pola dirección da empresa en Santiago de Compostela. A garantía dos 90 empregos da factoria das Pontes, é dificil segundo os representantes empresariais que non queren concretar as posibilidades de ampliación da factoria para poder fabricar pás de maior tamaño, e con máis saída no mercado.


Cubriránse os 75 escanos do Pazo do Hórreo

Radiofusión segue a xornada das eleccións autonómicas

Sociedade 28/02/2009
  Envía a túa opinión

Radiofusión emitirá mañá domingo un programa especial de seguemento da xornada das eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia. Entre as 11 da mañá e as 2 da tarde estableceremos distintas conexións con diferentes colexios electorais para coñecer a marcha das votacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros