Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Allariz adhírese ao manifesto “Galiza ten dereito”

Institucional 19/02/2010
  Envía a túa opinión

A declaración institucional de adhesión ao manifesto subscrito por axentes tanto sociais como económicos, sindicatos e patronais ademais dos partidos políticos BNG e PP, contra o recurso á lei de Caixas de Aforro Galegas será o único punto na orde do día que centrará o pleno extraordinario que se celebrará en Allariz hoxe venres. Un escrito no que se manifesta que Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente, a que o Estado respecto e o autogoberno galego ademais de propiciar a fusión das súas caixas.


 


Eduardo Hermida adícase á música, pintura, fotografía,...

Fabulosos cubatas en Ferrol e Allariz

Sociedade 19/02/2010
  Envía a túa opinión

"Miki Lauda, agarrate fuerte, Miki Lauda, que viene una curva, Miki Lauda, oreja a la plancha, Miki Lauda". Ese é o retrouso dunha das cancións de Os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers coa música de "Lady Laura". Para escachar coa risa, coas súas letras, as súas melodias, ironias e sarcamos. Tocarán esta noite no pub La Reserva de Ferrol e mañá sábado no café Roi Xordo de Allariz.


Ábrese o concurso para xestión do bodegón “Portovello” do Museo do Coiro de Allariz

Institucional 15/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno do Concello de Allariz celebrado o pasado venres, 12 de febreiro, aprobou o prego de bases económico-administrativas dunha nova concesión por 20 anos do servizo de bodegón do Museo do Coiro “Fábrica dos Nogueiras”. A valoración dos proxectos presentados centraranse na proposta económica que parta do mínimo esixido de 100.000€, o proxecto de xestión e a xeración de emprego.


O Plan Allariz 2020 protagonizará o pleno extraordinario da vila ourensá

Institucional 11/02/2010
  Envía a túa opinión

A partir das sete e media da tarde de mañá venres o Salón de Plenos do Concello acollerá unha nova sesión extraordinaria do pleno municipal. A orde do día comezará coa aprobación do borrador correspondente ás actas da sesión do 10/12/09 e coa ratificación, se procede, do Decreto de formalización de data 28/01/2010. A sesión continuará coa aprobación da convocatoria e bases por procedemento aberto da concertación dunha operación de préstamo a longo prazo por importe de 1.200.000€. A formalización do préstamos permitirá comezar coa execución do Plan Allariz 2020, no que se recolle a mellora dos servizos públicos nas parroquias, a rehabilitación do patrimonio etnográfico dos pobos, o acondicionamento dos locais sociais así como a mellora de espazos recreativos e parques infantís e a reforma das instalacións municipais como a Casa da Cultura, Clube de Piragüismo ou o Salón da Praza de Abastos.



Allariz acolle o Campionato Galego de Baloncesto de Seleccións Zonais

Deportes 10/02/2010
  Envía a túa opinión

O pavillón municipal de Allariz acolle a partir das dez e medida da mañá do vindeiro sábado día 13 de febreiro a terceira concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Balocensto na categoría de alevíns. O municipio tamén estará representado nesta concentración deportiva. Sergio Gavilanes e Alberto Fernández, veciños alaricanos participan no campionato, como compoñente da selección alevín masculina e seleccionador ourensán masculino.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros