Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Porto de Vilagarcía (Arquivo)

Un morto nun accidente marítimo en Vilagarcía

Sociedade 24/12/2011
  Envía a túa opinión

O patrón do barco do práctico do porto de Vilagarcía de Arousa perdeu a vida esta madrugada e outros dous mariñeiros resultaron feridos ao chocar cun barco de colectores da empresa 'Boluda' á saída do porto, segundo informaron fontes de Protección Civil.  O suceso ocorreu ás 01.00 horas desta madrugada cando a embarcación da empresa 'Boluda', que dispón dunha autorización para operar na terminal de colectores abandonaba o porto.


Movilización da CIG o 11 de outubro en Santiago de Compostela

Pan contra os despidos

Sociedade 11/12/2011
  Envía a túa opinión

O plantel de Novagalicia Banco concentraráse o vindeiro xoves diante da sede central da entidade bancaria en Vigo para protestar contra as intencións do equipo directivo de despedir a 300 ou 400 traballadores. Os convocantes piden aos asistentes á movilización que acudan cun pan debaixo do brazo, para simbolizar o rexeitamento a que Novagalicia banco “xogue co noso pan e co das nosas familias”.


Exhíbese en Vigo a mostra “Type in Motion”

A Fundación Barrié amosa novos xeitos de “ler o mundo”

Cultura 11/12/2011
  Envía a túa opinión

A tipografía animada protagoniza a nova mostra da Fundación Barrié. Type in Motion, unha proposta do Museum für Gestaltung Zürich que chega por vez primeira a España, amosa como, debido á dixitalización da vida cotiá, estamos rodeados de textos en movemento: no ordenador, na televisión, nas fachadas dos edificios... O obxectivo da exposición é ensinar como, para facernos chegar as mensaxes a través de tan diversos dispositivos, os deseñadores tratan de modificar e ampliar os xeitos que temos de “ler o mundo”.


O Sergas estuda que os doentes adianten os cartos do material ortopédico

A CIG-Saúde denuncia que cobrar pola comida nunha hospitalización ou polas próteses atenta contra a equidade

Sociedade 10/12/2011
  Envía a túa opinión

O PP comeza a facer pública a súa axenda oculta en materia sanitaria. Unha axenda que, segundo a CIG-Saúde, conduce ao co-pago e ao desmantelamento do servizo sanitario público. Por iso, a Confederación esixe a súa retirada, sequera do debate, e alerta da pretensión do goberno Feijóo de privatizar o sistema. A eliminación de dereitos para as persoas sen recursos, co constatado bloqueo de tarxeta sanitaria, foi tan só un adianto do que se nos vén enriba, din desde o sindicato. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzaba o primeiro globo sonda o pasado xoves, abrindo a posibilidade de cobrar por servizos que veñen de definir como “non sanitarios” e que suporían cobrar pola comida, a lavandería ou a ducha durante o período de hospitalización. Agora o Sergas engade a posibilidade de que os doentes adianten os cartos do material ortopédico.


Clínica Povisa

Povisa irá á folga este venres contra o despedimento de 27 empregados

Sociedade 08/12/2011
  Envía a túa opinión

Reclaman o mantemento da calidade asistencial na clínica Povisa de Vigo.. Rexeitan o despedimento de 27 persoas do servizo de limpeza. O comité de empresa ten convocada unha folga indefinida a partir de este venres 9 de decembro para esixir a anulación dos despidos. Denuncian que os últimos recortes aplicados pola da dirección do centro médico están a repercutir negativamente na atención que se lle presta aos pacientes.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros