Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

20 peñas participarán nesta edición

Boiro volve con máis forza no Día das peñas

Sociedade 16/06/2010
  Envía a túa opinión

A pasada edición das festas de Boiro 2009, xuntou a un grupo de amigos na sesión vermú que daban cor á rúa peonil, con tradicionais camisetas e panos ao pescozo, na procura de facerse co premio en modalidades tan duras coma o tiro a corda, as carreiras de sacos e incluso clásicos coma levar o ovo na culler. O que nun principio tivera unha tímida resposta do público no chamado Día das peñas, este ano repítese a excelente aceptación coas 20 peñas anotadas fronte ás 6 do 2009.


15 persoas participarán neste curso formativo

Arrinca en Boiro un curso de axente comercial dentro do (AFD) 2010

Sociedade 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O Departamento de Emprego do Concello de Boiro inaugurou esta mañá, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, Parque da Cachada de Boiro, o curso de Axente Comercial, pertencente ás Accións Formativas para Desempregados 2010 (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar, cunha duración de 454 horas, en horario de 9.00a 14.00 horas, de luns a venres, coa previsión de remate para o día 21 de outubro de 2010.


Tres praias de Boiro obteñen este recoñecemento

O alcalde de Boiro recolle a Bandeira “Q” de Calidad Turística a tres areais boirenses

Sociedade 14/06/2010
  Envía a túa opinión

As praias de Mañóns, Carragueiros e A Retorta do Concello de Boiro renovarán este mediodía a Bandeira “Q” Calidad Turística. O alcalde boirense, Xosé Deira Triñanes recollerá este galardón no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Serán o titular deste ministerio, Miguel Sebastián, o Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida e o presidente do ICTE, Miguel Mirones os que farán entrega das Bandeiras “Q”  ás 152 praias  españolas certificadas polo Instituto para la Calidad Turística Española.


Boiro posúe arredor de 800 contenedores de residuos orgánicos

O Concello de Boiro procede a limpeza dos contenedores verdes

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

Operarios do Concello de Boiro están a proceder á limpeza a fondo de tódolos contenedores verdes, destinados ao verquido de residuos orgánicos, ante a proximidade da época estival e as altas temperaturas, para que os recipientes estean debidamente saneados e evitar así os malos olores.


O porto de Ferrol promociónase mentras en Shangai

Portas abertas na Escola Naútica de Ribeira

Sociedade 26/05/2010
  Envía a túa opinión

A Consellería do Mar potencia e divulga a súa oferta formativa a través dunhas xornadas de portas abertas que se celebrarán entre hoxe e o 28 de maio nos catro centros da súa competencia, o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, de Vigo; a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e informar da oferta de cada centro e amosar as súas instalacións a futuros alumnos e alumnas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros