O Concello de Arzúa vén de remitir unha serie de propostas á Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia relativas á intervención en espazos públicos e en carballeiras relacionadas co Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Arzúa atendendo así a petición efectuada polo Departamento Autonómico. Entre as propostas achegadas polo Concello de Arzúa destacan a mellora das Rúas Cima do Lugar e Rúa do Carme, no núcleo urbano de Arzúa.
O Concello de Arzúa convídanos a vistar a web www.arzuaparati.org, un espazo que ten por obxectivo atraer poboación e empresas e incidir nas vantaxes de Arzúa “para vivir” e “para investir”, ao tempo que descobren os seus atractivos turísticos. Xente de Arzúa de todas as idades, actividades... participan nesta iniciativa baixo o lema “Arzúa para ti”. Deste xeito son as mulleres e homes de Arzúa, entre eles o propio alcalde como un veciño máis, as persoas encargadas de vender o seu concello. O proxecto, que promove o propio consistorio arzuán, convenceu pola súa orixinalidade a un bo número de cidadáns decididos a sumarse a ela achegando a súa imaxe e as súas palabras.
O peón máis pequeno do mundo, o tirapedras máis potente, a carrilana máis veloz. Todos eles daránse cita en Melide o vindeiro martes e mércores nunha Xornada dos xogos tradicionais que tomará as rúas e prazas centrais da vila. E a terceira edición dun evento que cada ano conta con máis expectación.
O alcalde de Arzúa, Xaquín García, remitiu hai uns días á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha solicitude na que demanda unha serie de melloras naqueles tramos que quedaron fóra do novo trazado da Estrada AC-905 que conduce dende Arzúa ata Vila de Cruces. No escrito achegado ao conselleiro, Agustín Hernández, o alcalde insistiu en salientar a necesidade de arranxar coa maior urxencia o mal acondicionamento que, nalgúns casos, se fixo nas proximidades dalgunha das vivendas dos veciños das parroquias que colindan ou son atravesadas por este vial como é o caso de Brandeso cando se levaron a cabo as obras de mellora do trazado e do firme da estrada AC-905 que conduce dende Arzúa ata Vila de Cruces.
Os amantes da gastronomía e do bailongo contan esta fin de semana con numerosísimas alternativas por toda Galicia. Dende Ortegal ao Miño, non hai comarca na que non haxa unha paparota comunal ou unha verbena-pachanga. Pero en Melide optan por unha alternativa singular e insólita. Sábado e domingo ábrese a Feira do Libro no Camiño. 11 escritores presentarán libros e lerán poesias e 11 librarías expoñerán e venderán libros.