Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A presentación de fotografías remata o 29 de maio

Na caza de arcos da vella

Cultura 25/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A descomposición cromática da luz branca debida a fenómenos naturais (arco da vella, desxeo, aureolas luares, etc) ou provocada artificialmente (aspersores, ventanais, prismas...) constitúen o tema central do Concurso fotográfico “Cazadores con Arco (Iris)” organizado polo Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF). O premio consistirá na impresión dalgunhas obras seleccionadas, a súa exhibición en espazos comúns do Museo e a súa posterior entrega aos autores. O domingo 29 de maio péchase o prazo de presentación de instántaneas.


O prazo de presentación de proxectos comeza o 20 de maio e remata o 3 de xuño

A Universidade da Coruña convoca o I Premio ao Espírito Emprendedor

Sociedade 18/05/2011
  Envía a túa opinión

O vicerreitor de Ferrol e Relación Universidade-Empresa, Luis Barral, presentará mañá, xoves 19 de maio, o I Premio ao Espírito Emprendedor UDC, que terá lugar no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa ás 11:30 horas. Esta convocatoria, impulsada pola Universidade da Coruña e coa colaboración do Ministerio de Educación, ten como obxectivo promover o espírito emprendedor entre os estudantes universitarios a través da concesión de premios ás mellores ideas empresariais.


Carmen Avendaño, da Asociación Érguete

A importancia da familia para previr o consumo de drogas

Sociedade 18/05/2011
  Envía a túa opinión

A xerente da asociación Érguete, Carmen Avendaño Otero, impartirá a conferencia A implicación familiar na prevención das drogodependencias, ás 17.30 horas, no Salón de Actos da Escola Universitaria de Enfermaría, no campus de Oza. A presentación correrá a cargo de Consuelo Carballal Balsa, profesora de Enfermaría de Saúde Mental desta escola universitaria da UDC.


Segundo Salón da Manga de Galicia do 20 ao 22 de maio en A Coruña

A Manga, o Anime, os Videoxogos, o Cosplay e a Cultura Nipona en ExpOtaku

Sociedade 16/05/2011
  Envía a túa opinión

Movemento Xove e a Hermandad Interasociativa Otaku de España celebra os próximos 20, 21 e 22 de Maio ao ExpOtaku A Coruña 2011 que terá lugar no Recinto Feiral ExpoCoruña. ExpOtaku A Coruña é a primeira convocatoria da xira de eventos denominada Gira ExpOtaku 2011 que tamén pasará os próximos meses por Lleida, Barcelona, Castellón Tarragona e Xixón.


Concentración de traballadores diante do centro Concepción Arenal da Coruña

A Xunta licita a xestión dos antigos reformatorios

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia deixa a reeducación dos menores cun pasado delituoso en mans de empresas privadas.  A Consellería de Traballo e Benestar publicou onte no DOGA a licitación dun contrato para ceder a xestión de tres centros públicos a unha empresa por 3,4 millóns de euros. Trátase dos centros Concepción Arenal na Coruña e o Monteledo e Montefiz de Ourense.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros