Envía a túa opinión
A Sala Run Rum de Ferrol conmemora neste mes de maio o seu terceiro aniversario. Faino cun completo programa de concertos no que se combinan as actuacións de grupos locais con bandas extranxeiras como a australiana DollsQuad ou a estadounidense The Rubinoos.
Envía a túa opinión
IEN (Iniciativa Empresarial do Noroeste por Europa) fai balance dun ano "horríbilis" para as pequenas e medianas empresas. Mañán venres acuden á asamblea xeral dos empresarios que preside o fenés Manuel Pérez, o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, para explicarlles as liñas de axuda impulsadas polo goberno galego a través do IGAPE ( Instituto Galego de Promoción Económica) e do Plan Ferrol.
Envía a túa opinión
"Ramiro Fonte era un grande poeta urbano e sabía transmitir coma ninguén a soidade das cidades", asegura o compositor e guitarrista Victor Aneiros. En vísperas do lanzamento do que será o seu quinto traballo, o músico ferrolán adiantou a Radiofusión que a meirande parte das cancións están inspiradas ou reproducen literalmente textos do escritor eumés. En total, son sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta, aos que se engade unha composición do tamén escritor Xosé Carlos Caneiro.
Envía a túa opinión
As sociedades culturais do concello de Fene preparanse para celebrar as Letras Galegas. Imolas dar a coñecer por entregas. Hoxe falamos da AVV de Magalofes onde a música e a artesanía son os principais atractivos no 17 de maio.
Envía a túa opinión
A Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste, AFFINOR, celebra neste 12 de maio o Dia mundial da Fibromialxia. Queren deixar de ser enfermos de 2ª e de seguir sendo humillados e ignorados polo sistema xudicial.