Envía a túa opinión
Cunha conferencia sobre a vida e obra do poeta do Courel, o Círculo de Perlío (Fene) inaugura o vindeiro xoves as súas Xornadas Culturais co Gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A charla, prevista para as oito do serán, correrá a cargo do catedrático de Lingua e Literatura Galega, Alexandre Ripoll. Ese mesmo día actuarán na sociedade fenesa a Coral Polifónica da Sociedade Agarimo de Sillobre e a rondalla Lucero del Alba. Tamén se abrirán as exposicións de bordados e bolillos da entidade e unha terceira mostra, titulada “A paisaxe galega”, do artista coñecido coma “O Portugués”.
Envía a túa opinión
Maio comezou de xeito tráxico nas estradas galegas. En Valdoviño un xove de 28 anos morreu ao envorcar o vehiculo no que circulaba. Outra morte produciuse en Lalín, cun condutor acusado de superar a taxa de alcoholemia.A terceira morte en estrada do primeiro de maio producíuse en Ferrol arredor das nove da noite.
Envía a túa opinión
O recinto feiral de Punta Arnela acolle durante a fin de semana a III Feira de Antigüidades, do Coleccionismo e da Moeda. O certame, organizado pola empresa Avilaco SL, abrirá as súas portas ao público, tanto o sábado coma o domingo, en horario ininterrompido de once da mañá a dez da noite.
Envía a túa opinión
Os actos arrincan ás 11 da mañán coa ofrenda floral conxunta de CCOO e UXT no monolito a Pablo Iglesias no Cantón. Ás 12 da mañán partirá de Porta Nova a manifestación convocada polos dous sindicatos, para rematar unha hora despois na Praza de Armas.
Envía a túa opinión
“Queremos que rematen as caravanas na ponte do Eume”. Esta é o sentir dos veciños de Pondedeume e Cabanas e a mensaxe da que se fai eco o BNG que é quen convoca esta tarde duas concentracións, unha a cada lado da ponte que une os dous municipios. Os obxectivos son dous: conseguir que o Ministerio de Fomento execute unha conexión coa AP-9 á altura do polígono de Vidreiro e outro, a eliminación da peaxe na autopista.As concentracións comezan ás 20,00h.