Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe dunha das mesas redondas que tiveron lugar o sábado no recinto Manuel Vila López de Muimenta

Unha xornada para a unidade e a reivindicación en contra das minas da Terra Chá

Sociedade 25/05/2010
  Envía a túa opinión

A primeira das accións que a Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Chá levará a cabo para presionar á administración autonómica diante do novo escenario lexislativo, que modificou a prohibición de realizar actividades mineiro-extractivas en solo rústico de protección agropecuaria e introduciu a posible autorización para elo. A pasada fin de semana tivo lugar a  “Xornada contra a extracción de cuarzo na Terra Chá”, que congregou en Muimenta (Cospeito) a numerosos vecños, que se achegaron ao recinto feiral de MOEXMU para asistir aos actos informativos, reivindicativos e lúdicos, que foron desde charlas e mesas redondas até concertos e lectura de textos de apoio.


As obras na AG-64 son as causantes do corte

Infraestruturas cortará a calzada dereita da AG-64 entre Igrexafeita e Espiñaredo por obras

Sociedade 21/05/2010
  Envía a túa opinión

A calzada dereita da AG.64 entre Ferrol e Vilalba permenecerá cortada, en sentido cara As Pontes, nos próximos días desde o quilómetro 18 (Igrexafeita) ata o 26 (As Somozas) para realizar unhas obras de emerxencia no viaduto da Ramadela, no punto quilométrico 21+700.


Imaxe dunhas VPP na chaira

O IGVS publica a lista de adxudicatarios das VPP de Muimenta

Sociedade 21/05/2010
  Envía a túa opinión

As 32 Vivendas de Promoción Pública (VPP) de Muimenta, en Cospeito, xa teñen dono, despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) publicase onte a lista definitiva de adxudicatarios, así como tamén a lista de espera por se algún dos 32 rexeita facerse coa propiedade ou aluguer das vivendas.


Bao, terceiro pola esquerda, posa co maillot da Deputación de Lugo

15 equipos ciclistas estatais e internacionais competirán por facerse coa III Edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

Sociedade 20/05/2010
  Envía a túa opinión

Os mellores ciclistas afeccionados competirán pola III Edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo – Gran Premio Deputación e que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de maio en varias zonas da Mariña, Lugo, Ancares e Monforte. Na competición, que presentou hoxe  o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participarán, ademais do local Cidade de Lugo, os galegos do Chin Autronic de Vigo, Aluminios Cortizo de Padrón, Renault Caeiro de Cambre, Caixanova do Porriño e o Supermercados Froiz do Poio. Doutros países e rexións do estado español proveñen o Caja Rural do País Vasco, Azysa-Cetya-Conor de Navarra, Camargo-Ferroatlántica de Cantabria, Diputación de León (de León) e o Inverse de Murcia, aos que hai que engadir o Maia de Portugal e o Lokomotiv ruso.


Cartel da homenaxe

O IESCHA homenaxea este venres a Uxío Novoneyra cun acto no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba

Cultura 20/05/2010
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, dentro das actividades programadas co gallo do Día das Letras Galegas, organizan unha conferencia-recital a cargo do profesor Ricardo Polín, que contará coa participación do Centro Dramático Vilalbés. A cita será mañá, venres 21 de maio, contra as 20.30 horas no Centro Cultural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros