Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Feijoo presentou o seu plan de austeridade en Lugo

Feijoo promete suprimir o 25% das consellerías e o 40% dos altos cargos

Sociedade 26/02/2009
  Envía a túa opinión

O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, prometeu que, de chegar á presidencia da Xunta de Galicia, o seu goberno dará exemplo de austeridade e contención do gasto nun momento no que centos de familias galegas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes. O líder dos populares anunciou que reducirán nun 25% o número de consellerías e nun 40% o total de altos cargos.


Suspéndense as clases mañá luns pola chegada dun novo temporal

Sociedade 08/02/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu esta tarde suspender as clases en todo o ensino non universitario en Galicia, diante dun aviso de temporal e alerta laranxa decretada por Protección Civil. Suspéndense as clases e actividades educativas programadas para a xornada de mañá luns, se ben nos centros permanecerá o persoal que informe ao alumnado e profesorado da decisión adoptada.


As Pontes e o amor pola micoloxía

Sociedade 02/02/2009
  Envía a túa opinión

Galicia é un país tradicionalmente micófobo. A suficiencia alimentaria foi unha conquista que chegou no último terzo do século pasado, mais os nosos antepasados nunca recolleron cogomelos nin fungos. Dicir isto é abondar nun tópico, pero convén repetilo e asombrarse ante a evidencia de que o monte e os campos estaban cargados de comida, mentres a ignorancia programada impedía recollela.


O tráfico sae do núcleo urbano das Pontes

Sociedade 21/12/2008
  Envía a túa opinión

O tramo da autovía AG-64 entre As Pontes e Cabreiros ábrese ao tráfico o vindeiro martes. Ferrol quedará máis perto de Vilalba ao poñerse en servizo estes 9 quilómetros de vía rápida que incluen o rodeo de As Pontes e que polo tanto evitará o tránsito polo núcleo urbano da vila mineira e sacará o tráfico interurbano do centro da vila.


Duas mozas das Pontes á selección galega de fútbol

Deportes 14/12/2008
  Envía a túa opinión

Patricia Blanco e Yaiza Paleo son as duas xogadoras do equipo de fútbol femenino de As Pontes, convocadas para participar na selección sub 15 que se desprazará a Valencia. As duas acudirán mañá luns a un adestramento de preparación en Santiago de Compostela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros