Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Allariz investirá o Fondo Estatal no complexo deportivo do Seixo e na administración electrónica

Institucional 22/01/2010
  Envía a túa opinión

A consignación de 615.000 euros procedentes do Fondo Estatal permitirá ao Concello de Allariz o remate da Cidade Deportiva do Seixo, mellorar o servizo de administración electrónica e cofinanciar parte do servizo de comida a domicilio. Cun presuposto de 460.000 euros, o consistorio alaricano levará a cabo as obras precisas para o remate da equipación do complexo deportivo. O terreo comprendido entre o Seixo e o Camping Os Invernadoiros albergará as novas pistas de tenis, padel e os novos vestiarios precisos para a práctica destes deportes.



Cartaz de Buried

Buried, de Rodrigo Cortés estrease no Sundance Film Festival

Cultura 22/01/2010
  Envía a túa opinión

A película Buried, do galego Rodrigo Cortés estrease mañá no Sundance Film Festival en Utah (US) A primeira gran cita do cine do 2010, o festival Sundance, vivirá mañá sábado unha das dúas xornadas máis importantes coa estrea da película Buried (Enterrado) do ourensán Rodrigo Cortés. O Sundance Film Festival quere volver ás súas raices proxectando films menos comerciais e máis independentes.


O BNG de Allariz presentará no pleno municipal unha moción contra o Decreto do Plurilingüismo

Institucional 20/01/2010
  Envía a túa opinión

O pleno municipal ordinario de Allariz correspondente ao mes de xaneiro debaterá unha moción presentada polo BNG en contra do Decreto do Galego no Ensino. O vindeiro día 29 de xaneiro, o grupo de goberno alaricano presentará unha moción en contra do Decreto do Galego para instar á retirada deste borrador. Nesta moción o BNG solicitará o cumprimento das obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galicia en todos os ámbitos da vida pública así como o retorno ao consenso político e social que se establece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística.



A Asociación Aixiña xestionará a cafetería-comedor social do Fogar do Maior

Institucional 19/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz vén de asinar o convenio de colaboración co Centro Especial de Emprego Aixiña para dar continuidade á xestión do servizo de cafetería e comedor social do Fogar do Maior, como viña realizando estes anos co Xantar sobre Rodas, un programa que nacía no ano 2006 e que achega a comida as casas de 70 usuarios. O novo programa que Aixiña levará a cabo no comedor social xorde dun “proxecto de intervención social con persoas maiores e persoas dependentes físicas coas que traballamos” explicaba a xerente da asociación, Elisa Rodríguez, que ademais de ofrecer un servizo de comidas elaborará un plan de dinamización para realizar actividades con estes colectivos.



Rematan as primeiras obras de construción do Centro de Interpretación da Idade Media de Allariz

Institucional 14/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz vén de dar por rematadas as obras da primeira fase do futuro Centro de Interpretación da Idade Media (CIMA) situado nas inmediacións do Castelo da vila. As obras consistiron na adecuación das vivendas adquiridas na rúa do Castelo onde se situará o CIMA. Divulgar e dar a coñecer a importancia da época medieval alaricna é un dos obxectivos prioritarios do centro, ademais de ampliar e reforzar a capacidade de atracción no ámbito cultural e turístico da vila.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros