Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A “Terapia” definitiva de Les Luthiers?

Les Luthiers regresan a Galicia con “Lutherapia”

Sociedade 25/11/2011
  Envía a túa opinión

O grupo arxentino Les Luthiers presentará en Galicia o seu novo e exitoso espectáculo, “Lutherapia”, despois de tres anos da súa última actuación na nosa terra. Realizarán cinco únicas funcións no novo Palacio de Congresos Mar de Vigo, entre o 20 e o 24 de marzo, logo de actuar en A Coruña.


N-552 en Redondela

Un xove de Redondela morreu esta madrugada en accidente de tráfico

Sociedade 12/11/2011
  Envía a túa opinión

Un xove de 30 anos, veciño de Redondela, faleceu as 5 desta madrugada nun accidente de tráfico acontecido na curva da Formiga, no quilómetro 2,700 da Nacional -552 entre Redondela e Vigo. O turismo que conducía, por causas que se descoñecen, invadiu o carril contrario e colidiu cun vehículo que circulaba en sentido contrario. Os 2 ocupantes deste outro automobil resultaron feridos.


Manifestación este mediodía en Ferrol

O naval é fundamental

Sociedade 06/11/2011
  Envía a túa opinión

Multitudinarias manifestacións desenvolvéronse este mediodía nas rúas céntricas de Ferrol e Vigo, zonas especialmente castigadas polo desemprego. As movilizacións reclamaron compromisos políticos firmes en favor do sector naval e do automóbil. "Hai alternativas, pero tanto o goberno español como a Xunta de Galicia miran para outro lado" afirmou o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega Xesús Seixo.


O Teatro Ensalle aposta un ano máis pola danza contemporánea

O público decidirá a continuidade do festival de danza Catropezas

Cultura 05/11/2011
  Envía a túa opinión

O Teatro Ensalle de Vigo acolle ata o día 27 deste mes de novembro o festival de danza contemporánea Catropezas, unha cita cuxa continuidade depende da resposta do público. Non só porque o evento careza de subvencións, senón porque os seus organizadores precisan dun pulo que vai máis aló do económico. “O festival nunca foi rendible”, recoñece Pedro Fresneda, quen promete que se os espectadores acoden aos espectáculos haberá unha nova edición do Catropezas. “O público dáche enerxía para sacar cartos de onde faga falta, mentres que no caso contrario cuestiónaste que sentido ten o teu esforzo”, reflexiona.


O disco “Raianas” compila cantos de ambas beiras do Miño

Malvela demostra a súa querenza pola música ao vivo

Cultura 01/11/2011
  Envía a túa opinión

“Con público é cando mellor cantamos” asegura Lina, unha das integrantes de Malvela. “O que máis nos gusta son os concertos” confirma Fita, unha das súas compañeiras, quen asegura que se transforman cando están enriba do escenario. “Nas probas de son podemos estar apagadas, pero todo cambia cando se enche o recinto”. Non resulta estraño, xa que logo, que quixeran atrapar esa esencia no seu novo disco. Raianas recolle un concerto que as cantareiras de Mos ofreceron no teatro da súa vila.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros