Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Boiro moverase ao son do “Flores en la carretera” de Jabón Blue

Cultura 25/05/2010
  Envía a túa opinión

A banda do Barbanza, Jabón Blue, volven neste 2010 e fano con novo e terceiro álbum, Flores en la carretera. Un traballo ao que dá título un dos cortes do disco, no que Javi Maneiro, líder e vocalista da formación, lembra a traxedia dos accidentes de tráfico, tan habituais nesta comarca galega. Nesta canción, unha das 14 que conforman o álbum, tamén atopamos a colaboración de Luís Cobos que achegou o seu particular arranxo de corda o que, segundo Maneiro, “lle dá máis profundidade ao tema”. Jabón Blue presentarán Flores en la carretera este sábado en Boiro. Ás once da mañá está previsto que realicen unha sinatura de discos e un concerto acústico no Power Music. A partir das dez da noite o directo tornarase máis eléctrico na discoteca Tonos da vila. O ex-Heredeiros da Crus confía en rozar o cheo xa que os discos están esgotados na comarca.



Alevíns de lumbrigantes soltados en setembro do 2008

Nova solta de alevíns de lumbrigante en Carnota

Sociedade 28/04/2010
  Envía a túa opinión

A Consellería do Mar, a través do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), soltou hoxe 1.400 exemplares de lumbrigante na zona de Mar de Lira. O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no Plan de Repoboación de Especies Mariñas, é aumentar a poboación de certas especies e devolverlle a estabilidade á pesca de baixura.


A conselleira do Mar Rosa Quintana

Os produtos do mar de Galicia presentes en Bruxelas

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

A Consellería do Mar, estará representada na Feira “European Seafood Exposition 2010”  que se abre hoxe en Bruxelas e se prolongará ata o vindeiro xoves. Acuden alí o secretario xeral da consellería, Francisco Vidal-Pardo Pardo e do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro. Mañá mércores 28, o secretario xeral e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica visitarán ás empresas galegas presentes na feira, reuniranse con membros do sector e posteriormente asistirán a un cocktail de benvida no Pavillón español da Seafood.


Colocación da boia

Medirán o tempo nas inmediacións da illa de Ons

Institucional 20/04/2010
  Envía a túa opinión

Técnicos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR); MeteoGalicia e do Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo (GOFUVI), co apoio do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e do Servizo de Gardacostas, fondearon hoxe nas inmediacións da Illa de Ons, unha boia oceanográfica de máis de catro metros de diámetro, capaz de medir e transmitir en tempo real datos meteorolóxicos e oceanográficos.


O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de maio

Servizos Sociais de Boiro tramita axudas para o colectivo da terceira idade, dependentes e incapacitados

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

 O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de axudas non periódicas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia. A finalidade das mesmas é a de colaborar en gastos tais como axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria ou facilitar a adaptación funcional do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Ademais outro dos fins é a adquisición de próteses dentais e auditivas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros