Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Pablo García, e ao fondo Arzúa

Pablo García, de Arzúa, gaña o premio Biblos de narrativa para menores de 25 anos

Cultura 10/07/2009
  Envía a túa opinión

Pablo García Martínez (Arzúa, 12-12-1985) é o gañador da 5ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou no transcurso dunha cea que na noite do venres 10 de xullo reuniu na Casa Grande do Bachao (Santiago) a un cento de personalidades do mundo cultural galego. A obra, que ten o título provisional de «Relato dun estalido xordo», comezará agora a súa etapa de redacción definitiva na que o autor contará con Manuel Rivas (que non puido estar presente por atoparse de viaxe) como titor e que rematará cara a fin de ano coa súa publicación en galego e en castelán.


A Casa Grande do Bachao abre as súas portas a 12 quilómetros de Santiago de Compostela

O 5º Premio Biblos- Pazos de Galicia fállase este venres

Sociedade 09/07/2009
  Envía a túa opinión

A quinta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia fállase este venres no transcurso dunha cea literaria na Casa Grande do Bachao nas inmediacións de Santiago de Compostela. Actuará o cuarteto de clarinetes Xerión e o xurado optará entre as obras dos finalistas, Zeltia Regueiro do Temple (Cambre) e Pablo Garcia Martinez de Arzúa.


Exemplo de periglaciarismo en O Courel

Ábrese o prazo de inscrición nas VII Xornadas Ciencia e Territorio que acollerá Melide en setembro

Sociedade 30/06/2009
  Envía a túa opinión

O ensino non pode ser concibido sen que intente achegar o medio social, natural, económico e cultural á escola. É por iso polo que a partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo, inicialmente centradas na comarca da Terra de Melide, pero que a partir deste ano se amplían a todo o ámbito galego.


Complexo deportivo O Viso

Arzúa contará con dous espazos para xogos tradicionais

Deportes 25/06/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa creará dúas áreas de xogos tradicionais coa finalidade de recuperar ou potenciar os xogos que tradicionalmente se viñan practicando no rural galego. Trátase de xogos e tradicións previos á revolución informática, xogos que potencian unha aprendizaxe espacial complexa, o desenvolvemento das habilidades psicomotrices e a relación co contorno á vez que nos achegan ás nosas raíces. Para facer realidade esta iniciativa o Goberno Municipal confeccionou un proxecto por valor de 198.169 euros no que se contemplaban dous ámbitos para o desenvolvemento de zonas para os xogos, a primeira delas sitúase no complexo deportivo de O Viso, nun espazo residual entre o campo de fútbol e a pista de atletismo; o segundo sitúase nunha carballeira preto do parque de bombeiros e lindando coas Rúas Niedereschach e da Quenlla.


Estado de vehiculos implicados nunha colisión onte en Redondela

Un mozo de 18 anos morre en accidente de tráfico en Melide

Sociedade 25/06/2009
  Envía a túa opinión

Un mozo de 18 anos faleceu esta madrugada ao saírse o seu coche da vía e chocar o seu coche contra dúas árbores no lugar de Os Ánxeles, no término municipal de Melide (A Coruña). Segundo informou o subsector de Tráfico da Coruña, o condutor novel saíuse da vía polo arcén dereito, nunha curva nun cambio de rasante. O impacto do vehículo resultou mortal

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros