3 comentario/s - Envía a túa opinión
Xaquín Marín vístese de longo e presenta este venres en Santiago de Compostela o libro “As dúas viaxes”. Trátase dunha banda deseñada que recolle unha edición realizada en 1974, conxuntamente con Raimundo Patiño. Tamén se inclue unha versión anterior a esa data do primeiro comic realizado polo debuxante.
Envía a túa opinión
As obras de acondicionamento dos accesos á praia de Rio Sandeo entre Fene e Ares continuan a bó ritmo e a demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente agarda finalizalas no vindeiro mes de xuño. O proxecto implica unha nova canalización do río e o retranqueo do muro que anteriormente separaba a zona de aparcamento do areal. O acceso á praia realizaráse pola mesma zona pola que baixa o río con menor pendiente que a antiga rampa.
Envía a túa opinión
O levantamento do veto a construcción naval civil para o estaleiro de Navantia Fene, é un dos obxectivos do Partido Popular na Xunta de Galicia segundo indicou este mediodia o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo. España pasa pola presidencia da Unión Europea pero ata o momento a Unión Europea non pasou por España, salientou o titular do executivo no Pazo Libunca de Narón diante duns 150 cargos do Partido Popular da comarca e de Galicia.
Envía a túa opinión
Pedimos moitas veces e xa estamos cansos, afirman os comerciantes de Pontedeume. A pinga que colmou o vaso foi a reducción das prazas de aparcamento na zona do porto. De 150 lugares pásase a 50. As vendas dos seus negocios dependen da existencia de áreas de estacionamento, indica a presidenta de UCOA Chus Grandal.
Envía a túa opinión
Os actores Serxio Pazos, Manuel Manquiña e Luís Zahera suben este sábado ao escenario do Pazo da Cultura de Narón para presentar as súas “Noites de retranca”. Trátase dun espectáculo cómico e único onde prima a liberdade interpretativa de cada un dos protagonista e tamén a interacción co público.