Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Muller de Kenia retratada por Walter Astrada.

A violencia contra as mulleres vista por Walter Astrada

Sociedade 19/11/2014
  Envía a túa opinión

Un compromiso coas mulleres que sofren violencia en todo o mundo. O fotoxornalista arxentino, Walter Astrada, inaugura mañán no Museo Pedagóxico de Santiago de Compostela a exposición “ Violencia contra as mulleres”, un proxecto da ONG Humana Fundación Pueblo para Pueblo que conta coa colaboración da Secretaría Xeral para a Igualdade.


Cartaz do audiovisual dobre Bóveda

As novas tendencias do audiovisual, no Festigal 2014

Sociedade 23/07/2014
  Envía a túa opinión

O Festigal 2014 proxectará no Espazo audiovisual tres pezas de interese para a divulgación: “A Fazaña da Liberdade”, un documental sobre a vida de Alexandre Bóveda; “Artemia”, unha serie impulsada por Irmandade TV; e “IES Pazombies”, unha curta sobre a lingua, feita por estudantes. Exhibiranse o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela.


Fonte do parque municipal

O concello de Ordes mellora o núcleo urbano

Sociedade 17/07/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes continúa coa limpeza, mellora e arranxo do seu núcleo urbano. Limpeza de beirarrúas e mobiliario urbano, apertura de novos parques infantís, repintado de bordos e sinais para condutores e peóns, son algúns dos labores acometidos durante estas semanas.


DesOrdes creativas. Unha das obras.

Arte, diálogo social e rexeneración urbana en Ordes

Sociedade 12/07/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Festival Internacional de Arte na Rúa DesOrdes Creativas arrancará o luns. Unha cita que se desenvolverá ata o domingo 20 de xullo e a través do cal muros, fachadas e edificios ben coñecidos na vila de Ordes van ser decorados con murais que nalgúns casos superan os 20 metros de altura. Cada ano danse cita unha coidada selección de artistas do panorama galego, nacional e internacional. O festival actúa como unha ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, capaz de converter vellos espazos en desuso ou abandonados que contribúen ao feísmo urbano en lugares de cor e cheos de vida para o desfrute de todos e todas.


O presidente do CCG anima á lectura de Castelao

Ramón Villares: “Sempre en Galiza aínda me acompaña ata hoxe”

Cultura 02/06/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Ramón Villares remexía entre os andeis da biblioteca de libros galegos da Universidade de Comillas a finais dos anos 60, buscando formarse “nese proceso autodidacta que moitos tivemos que afrontar para entender o que era a cultura galega”. Alí, en Madrid, atopou dúas publicacións que o marcaron. Unha foi “Galicia Hoy”, publicada en Ruedo Ibérico por Maximino Brocos e Santiago Fernández, que máis tarde se lle revelarían como seudónimos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo. A outra foi “Sempre en Galiza”, de Castelao. O historiador comezou a ler aquelas liñas na universidade e logo adquiríu “nunha libraría un pouco 'de estrangis' o exemplar publicado no ano 1961 en Arxentina”. “Ese libro aínda me acompaña ata hoxe”, confesa o agora presidente do Consello da Cultura Galega, precisamente a institución que promove, co gallo dos 70 anos da obra fundamental de Castelao, unha campaña de promoción nas redes sociais dese libro e que culminará na data do aniversario, o 4 de xullo, cunha xornada de lecturas organizada xunto coa Fundación Castelao e o Parlamento de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros