Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Darío Campos, alcalde da Pontenova

Darío Campos preside a Deputación de Lugo tres meses despois do previsto

Institucional 08/10/2015
  Envía a túa opinión

O alcalde socialista da Pontenova, Darío Campos, protagonizou finalmente o papel que se lle reservara había tres meses, cando a rebeldía do seu compañeiro de partido e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, entregoulle a presidencia da Deputación de Lugo ao Partido Popular. Desta volta non houbo sorpresas no guión establecido. Os 13 votos conxuntos dos deputados do BNG e do PSdeG (Martínez si incluído desta volta), superaron os 12 do PPdeG e fixeron prosperar a moción de censura que lle arrebata o bastón de mando presidencial á popular Elena Candia, cuxo efémero mandato comezou o 24 de xuño e rematou o 8 de outubro. Ao ser investido presidente, un emocionado Darío Campos fixo un “chamamento á unidade, porque non podemos mirar cara atrás, senón cara adiante”. “Debemos colaborar, por aí iremos ben”, pedía pouco despois de darse unha aperta con Manuel Martínez.


O intelectual de Láncara naceu en 1915

A RAG traslada a Lugo a mesa de braseiro de Ramón Piñeiro

Cultura 29/09/2015
  Envía a túa opinión

Lugo, a cidade na que descubriu a literatura galega e medrou o seu sentimento galeguista, sendo aínda un adolescente, acollerá nesta xornada de martes, 29 de setembro, a homenaxe da Real Academia Galega a Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento. A figura e as achegas de quen foi un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra serán analizada nunha mesa redonda co profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Dasilva e os académicos Andrés Torres Queiruga e Henrique Monteagudo.


Gala da Letras. AELG. Lugo. Maio 2015.

Darío Xohán Cabana, Astano e o San Froilán

Sociedade 20/08/2015
  Envía a túa opinión

"Digo os nomes daqueles, é Daniel e Amador, son presentes connosco, como estrelas de ferro". Comezaba así un dos poemas que recitou Darío Xohán Cabana o dez de febreiro de 1985 no Festival de solidaridade cos traballadores de Astano en Ferrol. O escritor de Cospeito volverá dar testemuña do seu compromiso coas xentes máis desfavorecidas este ano no pregón do San Froilán 2015. Darío Xohán Cabana recibiu no pasado mes de maio o premio AELG 2015 pola súa tradución de "A Divina Comedia" de Dante Alighieri.


Unha misteriosa rapaza aparece nunha curva de noite

Antonio Reigosa: “As lendas urbanas son actualizacións das tradicionais”

Cultura 22/06/2015
  Envía a túa opinión

As chamadas lendas urbanas transcorren en autoestradas ou discotecas, pero a súa orixe hai que procurala mesmo antes de que existiran estas infraestruturas. A recorrente historia dunha moza que se aparece nunha curva ten os seus referentes na Iliada e os rumores que rodean aos inmigrantes chineses resultan moi similares aos que sufrían hai séculos os xudeus, segundo o escritor e experto en lendas tradicionais Antonio Reigosa.


Fotografía: Sermos Galiza

Alcaldes e alcaldesas anuncian cambio de ciclo

Sociedade 13/06/2015
  Envía a túa opinión

As Corporacións locais constituense nesta xornada. Máis dun millón de cidadáns de Galicia cambian hoxe de alcalde. En Lugo o pleno comezou ás dez desta mañá. Lara Mëndez (PSOE) logrou a alcaldía de Lugo co apoio de BNG e Lugo Novo, tras a renuncia de José Clemente Löpez Orozco. Das sete grandes cidades, as mareas gobernan en tres (A Coruña, Santiago e Ferrol) o PSOE en dúas (Vigo e Lugo) o BNG en Pontevedra e o PP en Ourense. As eleccións de alcaldes marcan ainda máis o cambiio de ciclo político que se anunciaba nas municipais do pasado vintecatro de maio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros