Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Endesa (As Pontes)

Traballador de Endesa morre en accidente laboral

Sociedade 26/05/2015
  Envía a túa opinión

Un traballador faleceu e outros dous resultaron feridos nun accidente laboral ocorrido esta madrugada na central térmica das Pontes. O suceso produciuse ao tres da mañá na turbina da central térmica cando o tres operarios acudiron a tratar de solucionar un incidente e ese momento foron golpeados por unha peza que se desprendeu dunha máquina.


Consello da Xunta de Galicia

O PP continúa á baixa e nunhas eleccións xerais perdería setenta escanos

Sociedade 11/05/2015
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Partido Popular continua á baixa nas preferencias dos electores para unhas eleccións xerais. A evolución política marca unha recuperación do PSOE, un descenso de Podemos e unha consolidación do BNG. Ciudadanos ralentiza o seu elevado ritmo de crecemento dos últimos meses.


Grelos á venda na feira de Ferrol

A choiva puido cos grelos

Sociedade 15/02/2015
  Envía a túa opinión

As choivas intermitentes e o dia desapacible desluciron a XXXV edición da Feira do Grelo nas Pontes. Ao certame concurriron sesenta e dous artesáns da verdura e as madas de grelos vendéronse a prezos que oscilaban entre o euro e os dous cincuenta. Tamén a Feira de Ferrol congregou a escasos visitantes polo mal tempo.


Acto das Anpas Galegas en As Pontes

A Confederación de Anpas Galegas aposta polo idioma

Sociedade 05/02/2015
  Envía a túa opinión

"O vindeiro 8 de febreiro a Plataforma QUEREMOS GALEGO ten convocada unha manifestación en defensa do galego; a esa manifestación estamos convocados todos e todas, todas as ideoloxías, todos os partidos, todo aquel que non estea de acordo co trato que se lle está a dar á nosa lingua está chamado a se manifestar o próximo domingo". Con estas palabras, a Confederación ANPAS GALEGAS ven de expresar o seu apoio público a esta convocatoria, e de sumarse á mesma solicitando a todos os asociados, e ao resto da cidadanía, a súa participación activa xunto cos demais galegos e galegas que volverán a dicir que a Lingua é nosa, e que non imos permitir que nola aldraxen como o están a facer.


Os gañadores do Nobel de Medicina 2014

A UDC organiza un ciclo sobre os gañadores dos Nobel 2014

Sociedade 22/01/2015
  Envía a túa opinión

A Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza un ciclo de conferencias de carácter divulgativo sobre os traballos dos gañadores dos Premios Nobel 2014. O ciclo está dirixido ao público en xeral e pretende dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que se fixeron merecedoras de tal mérito. Para isto contarase coa participación de profesores da UDC que acercarán ó coñecemento xerado a partir da Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura, a Economía e as Humanidades. O ciclo de conferencias comezará o 20 de febreiro e terá lugar na NORMAL, campus de Riazor, ás 19:00 horas. O acceso é libre.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros