O X Festival Galego de Cabaré encherá Redondela de cabaret, burlesque e swing durante a derradeira semana de agosto. A Concellería de Cultura, en co-producción coa compañía Nelson Quinteiro Cabaret presentano baixo o lema “Mergúllate nas calores do verán” e ofrecerán unha programación única no panorama estatal en torno ao cabaret, o burlesque ou o swing. Trátase dunha novidosa edición de verán que durante toda unha semana encherá as rúas, as prazas, os teatros e incluso os areais de Redondela con espectáculos no Auditorio da Xunqueira, un Campus Cabaret, intervencións escénicas nos espazos menos convencionais ou mesmo un grande soho para celebrar o décimo aniversario deste festival.
O 17 de agosto asasinaron a Alexandre Bóveda, hai mañá 80 anos. Para lembrar esta data, Marea Pontevedra organiza un acto cívico institucional o mércores 17 ás 12,00 horas diante das escalinatas de San Francisco (antiga sede de facenda onde desenvolveu o seu importante traballo Bóveda) no que intervirán, entre outros, Xosé Manuel Beiras e o candidato Luís Villares.
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09:00 horas de hoxe. Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 1 técnico, 11 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Segundo os datos que a CIG-Saúde vai recibindo das distintas áreas sanitarias, despois de demandar insistentemente información oficial, o peche de camas durante o verán de 2016 –que en algunhas áreas sanitarias se estende até mediados de outubro- será de arredor de 1.200 camas, igual que no ano 2015. A Xunta de Galicia reduce esa cifra ata as 940, do total de 7200 camas do Sergas.
A singularidade da Festa da Coca de Redondela faina merecedora de ser declarada patrimonio cultural inmaterial. Así o entende o historiador José Martínez Crespo quen fala deses elementos singulares como os Xigantes e Cabezudos, a Coca, a danza das espadas e, sobre todo, elementos como as Burras e as Penlas, cuxo orixe hai que buscalo xa no século XVI, e que fan da Festa do Corpus de Redondela unha celebración única.