Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Negreira

Información da emisora Novas da emisora

Plataforma de afectados pola hepatite C

A Fiscalía denuncia á Xunta de Galicia por non facilitar os fármacos da hepatite C

Sociedade 12/01/2016
  Envía a túa opinión

A Fiscalía ven de denunciar á Xunta de Galicia polas restricións impostas aos fármacos recetados a enfermos de hepatite C. A Plataforma de Persoas Afectadas considera que a fiscalía lles deu a razón ao denunciar ante os Xulgados á administración autonómica.“Poderían terse salvado máis persoas se se lles aplicase o tratamento” manifestan.


Xosé Manuel Beiras salienta a importancia de lograr un grupo parlamentar galego

Os socialistas e Podemos achegan posturas

Sociedade 08/01/2016
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O PSOE e Podemos estarían moi perto de asinar un acordo para conformar a mesa do Congreso dos Deputados. O entendemento incluie a presidencia da Cámara para un membro do grupo socialista e a formación de grupos parlamentares para as coalicións coas que se presentou Podemos en Galicia, Catalunya e Valencia. Para a constitución dunha maioria parlamentar que investise a Pedro Sánchez como presidente do goberno, o acordo requeriría ademais do voto afirmativo do PNV e da abstención dos independentistas cataláns de ERC e Democracia i Llibertat.


Fotografía: S.D.Barallobre

Un grande expositor de santos

Sociedade 03/01/2016
  Envía a túa opinión

Fernando de Casas e Lucas Ferro Caaveiro deseñan e construen a fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Os dous colaboran tamén na capela dos Ollos Grandes da catedral de Lugo, pero coinciden nunha portada que se converte nun grande "expositor de santos", nun teatro no que a vida de Santiago Apostol se presenta como un modelo para os cristiáns.


Galicreques 2015

Bruno Estampilla abre o Galicreques 2015

Cultura 24/09/2015
  Envía a túa opinión

O espectáculo Bruno Estampilla de Teatro de Ilusiones Animadas abre este sábado no Teatro Principal de Santiago de Compostela a XX edición do Galicreques. O Festival Internacional de Títeres prolóngase ata o día 4 de outubro e complétase con exposicións que xa se poden visitar como a de Títeres de Dedo na Fundación SGAE.


Número 215 da revista Tempos Novos

Bibiana Calvo: “O salario só está asegurado durante o próximo mes”

Sociedade 19/05/2015
  Envía a túa opinión

“Ë imposible pensar na emancipación cando se ten que dedicar máis do cincuenta por cento do salario ao alugueiro,e cando ese salario só está asegurado durante o próximo mes”. Fala así a licenciada en Filoloxia Bibiana Calvo, persoal laboral da administración local. Salienta nunha ampla reportaxe da revista Tempos Novos, que “máis do cincuenta por cento da poboación máis nova de Galicia está en situación de desemprego, e iso é algo que non pode asumir ningunha sociedade. Pero quizás hai algo peor, a absoluta precariedade das condicións laborais dos que sí atopan traballo”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros