Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Roteiro por Camelle

En lembranza de Pepe Baña e do “alemán de Camelle”

Sociedade 10/10/2015
  Envía a túa opinión

Cunha visita ás esculturas realizadas por Manfred Gnädinger na costa de Camelle finalizou o roteiro organizado pola Asociación Naufraxios Galegos nesta vila mariñeira. O Concello de Camariñas e máis a entidade descubriron ao mediodía unha placa de homenaxe ao profesor Pepe Baña Heim lembrado polo seu eficaz labor pedagóxico durante décadas.


Foto de Javier Krae en Boiro

Krahe xa está con Brassens

Sociedade 13/07/2015
  Envía a túa opinión

A última actuación de Javier Krahe foi en Galicia, en Boiro, o pasado 28 de xuño. O bar A Pousada das Ánimas recibía a Javier Krahe todos os anos dende hai vinte. Sempre retornaba a este local porque el era de tocar en locais pequenos, para públicos reducidos aos que poidera mirar de perto. Esa foi a súa elección, fronte á de Sabina que optou polos concertos multitudinarios. Confesaba isto nunha entrevista concedida a Radio Fene en abril de 1998. Esta vez, na Pousada das Ánimas deixou dito que paraba de cantar para tomarse un “ano selvático” e preparar novas cancións. Na selva onde estea, estará cantando con Georges Brassens, seguro, "La mauvaise reputation".


O faro de Fisterra é un dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte

Denuncian irregularidades na concesión do Semáforo de Fisterra

Sociedade 21/04/2015
  Envía a túa opinión

"Irregular e arbitraria foi a concesión do restaurante do semáforo de Fisterra" segundo recolle o xornal dixital Que pasa na costa. Gañou unha proposta de tres folios, fronte a outra que desenvolvía unha oferta en 59 follas.


Adolfo Muiños,, alcalde de Rianxo

As singraduras en honra de Manuel Antonio

Sociedade 18/03/2015
  Envía a túa opinión

Non é a poesía de Manuel Antonio un mero xogo formal desprovisto de significación. O autor de "De catro a catro" ofrécenos a súa visión do mar, tema predominante da súa poesía. Coincidindo co aniversario este mes da publicación da obra «De catro a catro», o Concello de Rianxo réndelle homenaxe a Manuel Antonio con un cartel que inclúe literatura, música, poesía e teatro. Restan ainda tres das catro singraduras.


Adolfo Muiños e Xavier Vence diante do busto de Castelao

Castelao e a Rianxeira

Sociedade 10/01/2015
  Envía a túa opinión

"A Rianxeira" foi unha canción composta especialmente para recibir a Castelao en Bós Aires en 1947, afirmou esta mañá o alcalde de Rianxo Adolfo Muiños no transcurso dun roteiro polos lugares máis emblemáticos do casco histórico da vila, relacionados co intelectual e político do Partido Galeguista. O rexedor destacou o significado político desta música amplamente difundida en Galicia nas últimas décadas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros