Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do libro

A protección dos camiños de Santiago

Sociedade 09/12/2015
  Envía a túa opinión

Está suficientemente protexido o “primeiro itinerario cultural europeo” fronte aos negocios turísticos e outras explotaciòns económicas? Galiza é punto de chegada das sete rutas históricas de peregrinaxe a Santiago de Compostela. Porén, o máis senlleiro patrimonio cultural galego, internacionalmente recoñecido como patrimonio da Humanidade, é tamén un dos máis ameazados.


Xose Luís Rivas (Mini) ao remate do Pleno

O PP faise coa alcaldía de Boimorto co apoio dun tránsfuga

Sociedade 14/08/2015
  Envía a túa opinión

O Partido Popular fíxose esta mañá coa alcaldía de Boimorto, grazas ao voto favorable dun concelleiro que fora elexido nas listas do PSdeG PSOE. O xa ex-alcalde, Xosé Luis Rivas (Mini) do Bloque Nacionalista Galego calificou a moción de censura como "golpe á democracia" e afirmou que a maioría da cidadanía da localidade respaldara nas urnas hai só tres meses ao goberno de nacionalistas e socialistas.


Dositeo Rodriguez foi conselleiro de Presidencia con Manuel Fraga e candidato do PP á alcaldía de Santiago

Investigan a presunta malversación de fondos na Fundación Camilo José Cela

Sociedade 02/06/2015
  Envía a túa opinión

A xuíza que investiga un caso de suposta malversación, estafa e apropiación indebida na Fundación Camilo José Cela imputou ao exconselleiro de Manuel Fraga Dositeo Rodríguez, actual membro do Consello de Contas na área de Conta Xeral, pola súa vinculación co despedimento do que foi director xerente desta entidade, Tomás Cavanna Benet, e cítao para declarar o próximo 22 de xullo. Un día antes, o 21 de xullo, está citada polo xulgado de instrución número 2 de Padrón a viúva do Premio Nobel Camilo José Cela, Mariña Castaño, e o propio Tomás Cavanna.


Desfile de gando en Lugo.2014

Os gandeiros mobilízanse polos baixos prezos do leite

Sociedade 21/05/2015
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciou que este venres -22 de maio- iniciará mobilizacións no sector lácteo para denunciar a "situación insustentable" que están a soportar moitos gandeiros como consecuencia da "actitude mafiosa" das industrias, unhas protestas que comezarán ante a sede de Loxística Alimentaria. O sindicato escolleu esta empresa, cuxa sede está no municipio lucense de Outeiro de Rei -na antiga planta de Pascual e Alimentos Lácteos-, para iniciar as mobilizacións porque é "o emblema da extorsión ao sector gandeiro".


Protesta contra un despexo en Cabanas

A pobreza aumentou en Galicia un dez por cen no que vai de ano

Sociedade 20/05/2015
  Envía a túa opinión

O número dos "sen teito" aumentou un dez por cen en Galicia no que vai de ano. A pobreza e a marxinalidade increméntase, segundo informa Cáritas. Cada vez máis xente vése obrigada a solicitar axuda de organizacións benéficas e caritativas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros