Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Río Cádavo en Fene

Anegamentos en Sada e Oleiros

Sociedade 30/03/2016
  Envía a túa opinión

Agárdanse choivas moi intensas especialmente no litoral da Coruña. As previsións para esta xornada é que caian 80 litros por metro cadrado en 12 horas. A primeira pleamar coincidiu coas 9,13 da mañá e a segunda chegará ás 21,40. Protección Civil e Emerxencias alertan tamén de nevadas . Prevése que o paso dunha frente fría deixe nevadas intensas no noroeste peninsular, durante as próximas horas. A neve caerá nos 500 metros. Especialmente preocupante é a situación de A Coruña e a sua comarca, con grandes inundaciones esta mañá en Sada e Oleiros no momento da pleamar sobre as nueve da mañá. Tiveron que suspender as clases no instituto e desaloxar das súas casas a algúns veciños.  


Praza de San Cristobo na Coruña

A Coruña acolle os XX Premios Maria Casares

Sociedade 28/03/2016
  Envía a túa opinión

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá este mércores a gala de entrega dos XX Premios María Casares que, organizados pola Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG), distinguen cada ano o traballo das distintas disciplinas escénicas do teatro producido en Galicia. O grupo Chévere é o encargado do deseño e condución do evento que hoxe foi presentado como un musical festivo de celebración do vixésimo aniversario dos premios e de homenaxe ás Irmandades da Fala, que neste 2016 celebran o seu centenario.


Monumento a Curros Enriquez na Coruña

O galego na Coruña

Sociedade 21/03/2016
  Envía a túa opinión

O galego óese entre a mocidade no centro da Coruña. E non son casos illados senón que se escoita utilizar o noso idioma a un número apreciable de mozos e de mozas polo Cantón Grande e a Rúa Real. Sen dúbida próximas enquisas do Instituto Galego de Estatística xa se farán eco desta onda de usos lingüísticos que ten motivado máis dun debate nas redes sociais.


8 de marzo, Dia das Mulleres

Promovendo os estudos de xénero

Sociedade 07/03/2016
  Envía a túa opinión

A nova convocatoria das bolsas de investigación da Deputación da Coruña inclúe, como novidade, a creación de dúas bolsas para a área de estudos de xénero. A iniciativa afonda na liña da área de incentivar a igualdade desde o ámbito da cultura.


Chantal Akerman no 1990

Olladas de mulleres. Homenaxe a Chantal Akerman

Sociedade 07/03/2016
  Envía a túa opinión

Olladas de mulleres no mundo: Creadoras galegas de imaxe e homenaxe a Chantal Akerman, falecida no 2015.
Como xa vén sendo tradicional no mes de marzo, o Centro Galego de Artes da Imaxe en colaboración co Consello da Cultura Galega organízan o ciclo Olladas de mulleres no mundo, que este ano, ademais das sesións dedicadas a Creadoras Galegas de Imaxe, con películas de Diana Toucedo, Illa Bufarda e Xisela Franco, inclúe unha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con dúas películas que xiran arredor da súa relación coa nai, News from Home (1977), que proxectaremos en versión restaurada, e No Home Movie (2015), a súa última longametraxe, presentada pouco antes do seu falecemento en outubro do ano pasado. O ciclo inclúe tamén a polémica Paulina, de Santiago Mitre.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros