Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Foz

Información da emisora Novas da emisora

O presidente da Xunta Núñez Feijóo visitou onte Cervo

A ministra Espinosa visita a costa de Lugo

Sociedade 17/06/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), Elena Espinosa, suspendeu a súa axenda para este xoves co fin de visitar as zonas máis afectadas polas choivas en Asturias e Galicia. Reuniráse en Burela cos alcaldes da costa de Lugo.


Os 150 litros por metro cadrado caídos provocaron anegamentos en toda a mariña

As choivas torrenciais deixan á mariña lucense nunha situación de emerxencia

Sociedade 16/06/2010
  Envía a túa opinión

14 pontes derrubadas, miles de terras levadas pola forza dos ríos e multitude de troncos espallados engrosan a lista de desfeitas no concello de Ribadeo e do resto da mariña lucense por mor das fortes choivas dos últimos días. Tras a mellora do tempo o caudal das augas dos ríos volven ao seu estado normal pero os veciños de Ribadeo botan as mans á cabeza ao ver os estragos causados polas intensas precipitacións.


Batuko Tabanka actuando

Batuko Tabanka en fRoots

Sociedade 14/06/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A prestixiosa revista británica de músicas do mundo fRoots incluirá un tema de Batuko Tabanka para o seu 35 CD recopilatorio. A BBC e o diario The Independent fan referencia ao traballo musical das cabo verdianas de Burela. A revista adica a súa última portada ao músico Spider John Koerner.

 


Hospital Comarcal de Burela

A mariña lucense reclama melloras sanitarias

Sociedade 10/06/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Anegamentos, estradas cortadas, xornadas complicadas está a vivir a mariña lucense nestes días de fortes choivas. No Concello de Foz, na zona do Forxán, como consecuencia da auga caída, un bo número de casas quedaron asolagadas. Ante esta situación, despregouse un plan de emerxencia para que as familias afectadas poidan porse en contacto con protección civil ou salvamento marítimo. As inclemencias climatolóxicas engádense a outra problemática concerniente á sanidade da mariña luguesa. Tras anunciarse pola Xunta de Galicia que Burela disporía dun xerente con autonomía e con capacidade de decisión plena sobre os centros de saúde dos distintos concellos e, sobre todo, no Hospital Comarcal de Burela, as últimas novas non apuntan nesta dirección. A cidadanía non está convencida da promesa realizada polo goberno de Núñez Feijóo e prepárase unha mobilización para o vindeiro 26 de xuño. Manifestaranse en contra do desmantelamento da sanidade pública da mariña. A plataforma convocante denuncia, o que consideran como unha  política privatizadora do goberno galego no eido da saúde, a parálise do Plan Estratéxico do Hospital da Costa e os recurtes graves no servizo de asistencia primaria. A mobilización cidadá sairá o 26 de xuño, ás 12 do mediodía, do vestíbulo do Hospital de Burela.


O autobús turístico Lugoterra

O Lugoterra, o mellor embaixador de Lugo

Sociedade 04/06/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Autobús Lugoterra…de todo natural. Chámase así un peculiar vehículo que promociona a provincia luguesa por toda a xeografía española. Unha iniciativa promovida pola vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo coordenada por María José Buján. Unha proposta que está a recibir unha moi boa acollida cunha gran afluencia de visitantes. No seu percorrido promocional estaciona nos lugares máis céntricos das cidades que visita. Nesta peregrinaxe oferta información impresa, suxerencias de escapadas e de roteiros de sendeirismo e amosa os produtos de denominación de orixe de calidade, entroutros aspectos. Asemade proxéctase un DVD de 5 minutos con imaxes das diferentes comarcas da provincia. Cada visitante leva un pequenos agasallo recordatorio. Ata o momento o Lugoterra xa visitou León, Zamora, Valladolid, onte fixo parada en Porto, hoxe atópase en Braga e mañá percorrerá a provincia de Ourense.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros