Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A orquestra Panorama actuou en Abanqueiro (Boiro) o pasado 17 de abril

A III Gala contra o Cáncer encherá Ordes este venres

Sociedade 28/04/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para acoller o próximo venres 30 de abril a celebración da III Gala contra o Cáncer, que traerá ao municipio a milleiros de visitantes para ver no escenario á Orquesta Panorama acompañada dun gran elenco de artistas de primeira liña como Isabel Pantoja, Sergio Dalma, Carlos Baute, Kate Ryan, Juan Magán, Tamara, Soraya, Seguridad Social, Melocos e Santa Fé.


O torneo presentouse a semana pasada no marco de Expoordes

O xogo dos máis pequenos

Deportes 28/04/2010
  Envía a túa opinión

Os máis pequenos xogadores do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo achegaránse a Ordes para participar nun Torneo de fútbol 7 organizado para finais de maio. Competirán con equipos de outros 8 clubes nunha xornada que congregará a moito público o sábado 29 de maio.


Expo Ordes do 2009

10.000 quilos de champiñón repártense este domingo en Ordes

Sociedade 23/04/2010
  Envía a túa opinión

A XXI Festa do Champiñón chega este domingo a Ordes. A cita contará cunha degustación gratuíta do producto nos diferentes establecementos hostaleiros do municipio, para o que o Concello repartirá arredor de 10.000 kilos de champiñóns. Ademais haberá un posto de venta de champiñón dentro da carpa para todos os que estean interesados en adquirir este producto.


Ordes celebrou o Dia da Terra

Xogos de rol para coidar os humedais

Sociedade 22/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente, conmemorou hoxe o Día da Terra coa celebración, na Casa da Cultura, dunha charla sobre a importancia dos humidais. Unha charla que baixo o título “Cuidemos os nosos humidais” foi impartida por dúas responsables da área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- CEIDA, e que completou así a temática iniciada xa coa conmemoración do Día Mundial da Auga, na que dende o Concello se lanzou tamén unha mensaxe facendo fincapé na importancia dos humidais.


O alcalde de Ordes e o director de Caixanova na localidade presentaron esta mañá o programa

O voluntariado verde 2010 volve para limpar os rios

Sociedade 20/04/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira e o director da oficina de Caixanova do municipio, Héctor Monelos, presentaban esta mañá o programa Voluntariado Verde 2010. Un programa, que se leva a cabo no municipio por segundo ano consecutivo, e a través do que, tal e como explicaron os responsables municipais, se traballará en catro áreas. Unha delas será a defensa dos ríos, que tivo un gran éxito na pasada edición coa limpeza dos cauces que se traduciu, como explicou o edil Jesús Pedreira, en que a pesar do mal tempo e as choivas non se produciran inundacións en determinadas zonas do termo municipal nas que eran habituais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros