Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Galiza Sempre outorga unha mención ao Proxecto de Rehabilitación de Santa Mariña de Augas Santas

Institucional 27/01/2010
  Envía a túa opinión

O premio de arquitectura Rodríguez Peña que se entregou onte en Santiago de Compostela outorgado pola Fundación Galiza Sempre concedeu unha mención dotada de 1.500€ a Marta Somoza Medina, arquitecta alaricana, e o aparellador Celestino Feijóo, responsables da obra “Pavimentación e mellora dos espazos libres no núcleo de Santa Mariña de Augas Santas” en Allariz. Este galardón premia aos mellores traballos de rehabilitación e recuperación do patrimonio construído en Galicia valorando a contribución do patrimonio galego para adaptalo a novos usos respectando identidade e calidade.



Allariz investirá o Fondo Estatal no complexo deportivo do Seixo e na administración electrónica

Institucional 22/01/2010
  Envía a túa opinión

A consignación de 615.000 euros procedentes do Fondo Estatal permitirá ao Concello de Allariz o remate da Cidade Deportiva do Seixo, mellorar o servizo de administración electrónica e cofinanciar parte do servizo de comida a domicilio. Cun presuposto de 460.000 euros, o consistorio alaricano levará a cabo as obras precisas para o remate da equipación do complexo deportivo. O terreo comprendido entre o Seixo e o Camping Os Invernadoiros albergará as novas pistas de tenis, padel e os novos vestiarios precisos para a práctica destes deportes.



Cartaz de Buried

Buried, de Rodrigo Cortés estrease no Sundance Film Festival

Cultura 22/01/2010
  Envía a túa opinión

A película Buried, do galego Rodrigo Cortés estrease mañá no Sundance Film Festival en Utah (US) A primeira gran cita do cine do 2010, o festival Sundance, vivirá mañá sábado unha das dúas xornadas máis importantes coa estrea da película Buried (Enterrado) do ourensán Rodrigo Cortés. O Sundance Film Festival quere volver ás súas raices proxectando films menos comerciais e máis independentes.


O BNG de Allariz presentará no pleno municipal unha moción contra o Decreto do Plurilingüismo

Institucional 20/01/2010
  Envía a túa opinión

O pleno municipal ordinario de Allariz correspondente ao mes de xaneiro debaterá unha moción presentada polo BNG en contra do Decreto do Galego no Ensino. O vindeiro día 29 de xaneiro, o grupo de goberno alaricano presentará unha moción en contra do Decreto do Galego para instar á retirada deste borrador. Nesta moción o BNG solicitará o cumprimento das obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galicia en todos os ámbitos da vida pública así como o retorno ao consenso político e social que se establece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística.



A Asociación Aixiña xestionará a cafetería-comedor social do Fogar do Maior

Institucional 19/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz vén de asinar o convenio de colaboración co Centro Especial de Emprego Aixiña para dar continuidade á xestión do servizo de cafetería e comedor social do Fogar do Maior, como viña realizando estes anos co Xantar sobre Rodas, un programa que nacía no ano 2006 e que achega a comida as casas de 70 usuarios. O novo programa que Aixiña levará a cabo no comedor social xorde dun “proxecto de intervención social con persoas maiores e persoas dependentes físicas coas que traballamos” explicaba a xerente da asociación, Elisa Rodríguez, que ademais de ofrecer un servizo de comidas elaborará un plan de dinamización para realizar actividades con estes colectivos.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros