Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Colocación da boia

Medirán o tempo nas inmediacións da illa de Ons

Institucional 20/04/2010
  Envía a túa opinión

Técnicos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR); MeteoGalicia e do Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo (GOFUVI), co apoio do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e do Servizo de Gardacostas, fondearon hoxe nas inmediacións da Illa de Ons, unha boia oceanográfica de máis de catro metros de diámetro, capaz de medir e transmitir en tempo real datos meteorolóxicos e oceanográficos.


O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de maio

Servizos Sociais de Boiro tramita axudas para o colectivo da terceira idade, dependentes e incapacitados

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

 O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de axudas non periódicas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia. A finalidade das mesmas é a de colaborar en gastos tais como axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria ou facilitar a adaptación funcional do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Ademais outro dos fins é a adquisición de próteses dentais e auditivas.


O concello de Boiro colabora coa organización das celebracións

Mieites celebra as festas na honra de San Gabriel

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

As festas en honra a San Gabriel na aldea de Mieites na parroquia boirense de Cures celébranse este venres e sábado. A música, os xogos populares, gastronomía e oficios relixiosos centrarán os festexos organizados pola comisión de festas de Mieites coa colaboración do Concello de Boiro. 


Efectos do temporal Klaus en As Somozas (A Coruña)

A Xunta alerta de temporal ata a madrugada do domingo

Sociedade 02/04/2010
  Envía a túa opinión

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de metereoloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral da Comunidade Autónoma a partir de mañá, 3 de abril, e que xa afecta á costa coruñesa desde a media tarde de hoxe.


Os nenos achegaranse á lectura a través dos contacontos

“Unha primavera de conto” en Boiro

Sociedade 24/03/2010
  Envía a túa opinión

Baixo a denominación  “Unha primavera de conto”, durante os próximos meses de abril e maio, a Biblioteca Pública Municipal de Boiro dentro do seu programa anual de promoción da lectura, vai desenvolver diferentes sesións de contacontos  nos próximos meses de abril e maio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros