Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Parque Infantil de Arzúa

Arzúa renovará a imaxe do Parque Infantil nos vindeiros meses

Institucional 23/06/2009
  Envía a túa opinión

A Deputación Provincial da Coruña aprobará no Pleno do vindeiro venres, día 26 de xuño, unha partida de 57.484 euros, destinada a mellorar o estado actual do Parque Infantil de Arzúa, atendendo así unha petición efectuada meses atrás polo Goberno Municipal Arzúa, que lle enviara meses atrás un proxecto técnico para o acondicionamento e mellora da área de xogos infantil coa finalidade de que puidera ser subvencionado a través da liña aberta polo ente provincial para a renovación dos parques infantís dos concellos da provincia.

 


O Concello recollerá plásticos como os que se utilizan á hora de empacar

O consistorio arzuán comezará en breve a recollida de plásticos agrícolas

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa comezará proximamente a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias. Será os días 1, 2 e 3 de xullo de 2009. O camión municipal achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar os traballos de recollida.

 


Arredores da Feira Nova

Finalizan as obras nas rúas do entorno da Feira Nova de Arzúa

Sociedade 10/06/2009
  Envía a túa opinión

As rúas que configuran o entorno da Feira Nova, no casco urbano de Arzúa, abriron ao público e ao tráfico rodado presentando un cambio de imaxe radical trala execución do proxecto que contemplou a renovación das beirarrúas, alumeado público e pavimento. Cunha inversión presupostada que superou os 220.000 euros, a dotación de servizos básicos nesta zona do casco urbano permitiu atender a demanda non só dos veciños que residen nesta zona ou teñen aquí situados os seus negocios ,senón tamén dos centos de persoas que acoden ao lugar os días 8 e 22 de cada mes, datas nas que se celebra feira en Arzúa.

 


Alumnos do CEIP de Arzúa

Alumnado do CEIP de Arzúa visitará mañá as dependencias do concello

Institucional 03/06/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, acompañados polas súas respectivas titoras e mestras realizarán no día de mañá unha visita ás instalacións e dependencias da Casa Consistorial e da Biblioteca Municipal de Arzúa. Os 56 alumnos e alumnas do Centro Escolar serán recibidos polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, a partir das once da mañá e será o propio rexedor quen lles amose as instalacións e lles explique de xeito ameno o transcorrer diario da administración local. A finalidade desta visita é complementar os obxectivos propostos para o alumnado na programación anual do Coñecemento do Medio e concretamente no coñecemento da organización administrativa e servizos á comunidade dentro da localidade.



Participantes no “Coñece o teu país” en 2008

Arzúa recupera o programa “Coñece o teu país” de cara ao verán

Cultura 01/06/2009
  Envía a túa opinión

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa poñerá en marcha de cara a este verán unha nova edición do programa de visitas culturais ás catro provincias galegas, denominado “Coñece o teu país”. As datas elixidas para cada unha da viaxes coincidirá co primeiro sábado de cada mes, tendo lugar a primeira excursión o vindeiro 6 de xuño á costa sur da provincia da Coruña, o 4 de xullo será a provincia de Pontevedra a que reciba a visita de aproximadamente 150 veciños do municipio. En agosto, o día 1, tocaralle á provincia de Lugo e xa para pór un punto e seguido ao programa, con posible continuidade en vindeiros anos, rematarase facendo unha visita por Allariz, en Ourense; será o sábado 5 de setembro.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros