Envía a túa opinión
Máis de 75.000 cidadáns utilizaron a liña de tren entre Ferrol e A Coruña no ano 2009. Iso é así a pesar dun tempo da viaxe que oscila entre 1 hora e 7 minutos e 1 hora e 27 minutos. Segundo sinala o Goberno nunha resposta ao deputado do BNG Francisco Jorquera, os tempos de viaxe quedan determinados pola velocidade máxima entre Betanzos e Ferrol fixada entre 75 e 100 quilómetros por hora.
Envía a túa opinión
Ofrecer unha panorámica da economía de Ferrolterra. Este é o obxectivo principal da segunda entrega de “Ferrol en cifras” que presentou esta mañá a Cámara de Comercio. No estudo traballouse con fontes estatísticas e documentos oficiais e a través do contacto directo con entidades, empresas e concellos da bisbarra.
Envía a túa opinión
O buque de proxección estratéxica LHD Juan Carlos I que constrúe Navantia Ferrol sairá ás súas segundas probas de mar o vindeiro 28 de maio. Permanecerá 10 dias de navegación para comprobar o funcionamento de toda a tecnoloxia instalada a bordo. A entrega á Armada fixouse para o 29 de xuño.
Envía a túa opinión
“A nova Lei do Aborto está concebida dende unha perspectiva educadora e propón unha maneira diferente de vivir o amor, as relacións sexuais e, por suposto, o aborto”. Nestes termos se expresou esta tarde en Fene a avogada Cristina Almeida, convidada pola agrupación local das Xuventudes Socialistas a participar nunha mesa redonda sobre o tema. No acto tamén interviñeron a deputada socialista Mar Barcón, a secretaria xeral das XSG, María Torres, o secretario do PSdG-PSOE de Fene, Antón Noceda, e o alcalde de Fene, Iván Puentes.
Envía a túa opinión
Ao redor de quince mil oitocentos empresarios das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal están chamados a votar o vindeiro 22 de abril para escoller aos membros do próximo pleno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. Despois de doce anos ao fronte do órgano cameral, o empresario Francisco Cruz aspira a ser reelexido no cargo, aínda que, desta vez, terá como opoñente a un “peso pesado” da política comarcal: o exalcalde de Narón, Xoán Gato.