Envía a túa opinión
Pechar os ollos, deixar voar o maxín e ulir fraganzas tan naturais como o tomiño, o xazmín, o sándalo ou o limón xa é posible grazas á exposición “Por narices. Esencias y fragancias naturales”. A mostra inaugurouse esta mañá en Ferrol. Organizada pola Obra Social “La Caixa” percorrerá gran parte da xeografía española e permanecerá na cidade departamental ata o venres 23 de abril. Os visitantes poderán cultivar, a través de 26 aromas expostos, o gran esquecido dos cinco sentidos: o olfato.
Envía a túa opinión
Comezan esta fin de semana as Xornadas de Sendeirismo de Primavera que organiza o Concello de Fene. Aproveitando a conmemoración do Xacobeo, o programa de marchas artellado pola Concellería de Deportes reconvertiuse este ano nunha peregrinaxe a Compostela pola rota do Norte e en cinco fins de semana. Os participantes percorrerán a primeira etapa (Vilalba-Baamonde) na xornada do sábado, 10 de abril, e, a partir de aí, en fins de semanas sucesivas irán completando cada un dos treitos ata chegar a Santiago.
Envía a túa opinión
Teresa e Paula, alumnas de 3º da ESO do IES Fene marchan a finais deste mes con destino a Venecia para vivir a experiencia do programa europeu Comenius no que o centro fenés participa con outros institutos de Roterdam, Venecia ou Illa Reunión. O Oceano Atlántico, o Mar Mediterráneo e o Índico, teñen algo que ver no traballo escolar que se traen entre mans os estudantes.
Envía a túa opinión
Esa é a pregunta que se fan os deputados socialistas que visitaron esta mañá este centro escolar o o Colexio Virxe do Mar. Os parlamentarios mantiveron esta mañá unha xuntanza cos concelleiros do PSOE naroneses. Achégaronse aos centros para coñecer de primeira man as carencias en dotacións e equipamentos co fin de presentar diferentes iniciativas encamiñadas a mellorar a dotación educativa de Narón.
Envía a túa opinión
“De maior quero ser policia”. É a conclusión á que chegaron o medio cento de alumnos e alumnas de 3 e 4 anos do colexio Centieiras de Perlio que esta mañán disfrutaron, na praza do concello de Fene (A Coruña) dunha experiencia relacionada coa educación viaria.