Envía a túa opinión
O programa da primavera no Pazo da Cultura de Narón iníciase o día 8 de abril co concerto de Mª Dolores Pradera, ás 20:30 horas. As entradas costarán 20€ e a actuación forma parte da xira especial de concertos por España e Latinoamérica na que a artista presentará un espectáculo cálido e intimista, en formato acústico, no que interpreta o mellor do seu repertorio.
Envía a túa opinión
O Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”, acolle a vindeira fin de semana o VII Campionato Galego de Perrucaría Canina. O certame inclúe nesta edición o II Campionato de Agility, aínda que neste caso, as probas celebraranse nunha parcela exterior situada fronte ao Hotel Husa Odeón.
Envía a túa opinión
Fene albergará a principal base de salvamento marítimo de España, segundo o alcalde Iván Puentes. O ministro de Fomento José Blanco entregará mañá unha maqueta da edificación que se levantará en Vilar do Colo no prazo dun ano.
Envía a túa opinión
Axentes do servizo de Gardacostas da Consellería do Mar realizaron esta mañá na Ría de Ferrol un operativo contra o furtivismo que se saldou con 11 persoas detidas, coa incautación de 3 vehículos e varios útiles e co comiso de 122 quilos de diferentes especies de marisco. Ademais dos gardacostas, nesta operación tamén colaboraron efectivos da Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Ferrol e da Garda Civil de Fene. Os medios utilizados polos axentes de Gardacostas foron o buque de apoio Irmáns García Nodal, unha embarcacións auxiliar do mesmo buque e o helicóptero Pesca II.
Envía a túa opinión
Coa bendicións dos ramos e palmas e os tres primeiros desfiles procesionais que onte percorreron as rúas do centro da cidade, Ferrol deu o pistoletazo de saída á súa Semana Santa. Por diante quedan sete días e máis de vinte procesións, sen esquecer os numerosos actos paralelos que organizan as distintas Cofradías.