Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Ordes celebrou o Dia da Terra

Xogos de rol para coidar os humedais

Sociedade 22/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente, conmemorou hoxe o Día da Terra coa celebración, na Casa da Cultura, dunha charla sobre a importancia dos humidais. Unha charla que baixo o título “Cuidemos os nosos humidais” foi impartida por dúas responsables da área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- CEIDA, e que completou así a temática iniciada xa coa conmemoración do Día Mundial da Auga, na que dende o Concello se lanzou tamén unha mensaxe facendo fincapé na importancia dos humidais.


O alcalde de Ordes e o director de Caixanova na localidade presentaron esta mañá o programa

O voluntariado verde 2010 volve para limpar os rios

Sociedade 20/04/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira e o director da oficina de Caixanova do municipio, Héctor Monelos, presentaban esta mañá o programa Voluntariado Verde 2010. Un programa, que se leva a cabo no municipio por segundo ano consecutivo, e a través do que, tal e como explicaron os responsables municipais, se traballará en catro áreas. Unha delas será a defensa dos ríos, que tivo un gran éxito na pasada edición coa limpeza dos cauces que se traduciu, como explicou o edil Jesús Pedreira, en que a pesar do mal tempo e as choivas non se produciran inundacións en determinadas zonas do termo municipal nas que eran habituais.


David Rey gañou o certame de poesía xove de Albolote (Granada)

Premio aos colexios máis participativos no certame de poesía

Cultura 20/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, ten todo preparado para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ao escritor Uxío Novoneyra. Así e tal como vén sendo costume, está xa convocado o III Certame de Poesía “Día das Letras Galegas” no que se establecen tres categorías para os participantes. A primeira delas é a infantil para nenos e nenas ata 12 anos na que se repartirán dous premios aos mellores traballos, un primeiro de 120 euros e un segundo de 100 euros.


Inauguración de Expo Ordes do ano 2009

Prepáranse novas edicións de Expo Ordes e da Feira do Champiñón

Sociedade 19/04/2010
  Envía a túa opinión

O campo da feira de Ordes volverá a convertirse nun gran recinto expositor de importantes empresas dos diferentes sectores coa celebración dunha nova edición de Expo Ordes. Unha feira multisectorial, que xa se ten convertido en todo un referente a nivel autonómico e que se celebrará a próxima fin de semana, os días 23, 24 e 25 de abril.


A práctica do sendeirismo tamén é unha alternativa ao consumo de alcool

Alternativas de lecer para escapar do alcool

Sociedade 17/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes abriu o prazo de inscrición para participar nas noites psicoeducativas que se enmarcan dentro do Programa Faro que leva a cabo a Concellería de Servizos Sociais. Un programa que ten como obxectivo a prevención do consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros