Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Foto de grupo en Sotavento

Unha Delegación de Alcaldes de Ourense achegouse a coñecer Sotavento

Sociedade 14/05/2010
  Envía a túa opinión

Os responsables da alcaldía de oito concellos ourensáns achegáronse ás instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento. O grupo amosou especial interese polas posibilidades existentes á hora de aforrar enerxía e polo que isto representa de cara a un futuro sostible.


A Peña Deportivista de Vilalba posa antes dun partido en Riazor

A Peña Deportivista de Vilalba celebrará o 10º aniversario da Liga cunha cea-baile

Sociedade 14/05/2010
  Envía a túa opinión

Os bos tempos voltarán á memoria dos deportivistas vilalbeses. A pesar de que os triunfos de antano non son tan lustrosos e os primeiros postos da táboa son para outros, a Peña Deportivista de Vilalba non quere esquecer que son un dos nove equipos que gañaron algunha vez a Liga Española e que, xunto con dúas Copas do Rei e dúas Supercopas, dan brillo ao salón de trofeos do Estadio de Riazor. Para recordar o décimo aniversario do Campionato de Liga 1999-2000, organizaron unha gran cea baile que terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio.


Cartel da xornada

Un novo concerto contra as Minas de Erimsa será a primeira das medidas en contra da modificación da lei do solo que afecta á actividade extractiva

Sociedade 14/05/2010
  Envía a túa opinión

A Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Chá continúa coas súas accións para frear a actividade extractiva da empresa Erimsa en varios concellos chairegos, despois da modificación da Lei do Solo do pasado 31 de marzo, onde se substituíu a prohibición existente de realizar actividades mineiro-extractivas en solo rústico de protección agropecuaria pola “posíbel autorización por parte da comunidade autónoma”. Esta cambio da lexislación muda o escenario, xa que esta actividade pasará a ser autorizable por parte da administración autonómica, cando antes estaba totalmente prohibida.


Bao e Miranda durante a rolda de prensa

O BNG anuncia que defenderá en Bruxelas os intereses dos gandeiros lucenses

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

A representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, compareceu hoxe en rolda de prensa xunto ao responsábel comarcal do BNG en Lugo, Antón Bao, para anunciar que o BNG presentará de contado diversas iniciativas no Parlamento Europeo para defender o sector agrogandeiro galego. Neste sentido, Ana Miranda explicou que a súa presenza en Lugo ten como finalidade conquerir as necesidades e coñecer a problemática que afecta aos sectores produtivos das comarcas lucenses para poder facer unha defensa activa dos intereses dos lucenses e galegos e galegas en Europa. Por iso, á tarde participará nunha xuntanza con membros dos GDRs de diferentes comarcas luguesas, de cara a trasladar o que se está a tratar no seo da UE e tamén recibir de primeira man as experiencias e problemáticas que aqueixan ao rural lucense.


Veiga, en priemiro termo e Bao proban un dos cócteles elaborados na cata de café

O Museo de Lugo acolleu unha demostración da elaboración e cata do café

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

O Museo de Lugo tivo hoxe cheiro a bo café, despois de que a área de Cultura da Deputación, dirixida polo nacionalista Antón Bao, xunto coa Asociación de Hostaleiros de Lugo organizasen unha charla-demostración á que acudiron o propio Bao, xunto co delegado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, así como Cheché Real en representación dos hosteleiros lucenses. A xornada estivo guiada por José Manuel Portela, da Fonsagrada que vén de gañar o segundo premio na elaboración de café no Campionato de España; e por Sofía Prieto Lestao, de Burela, campioa de España de Cata de café.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros