Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A Asociación Aixiña xestionará a cafetería-comedor social do Fogar do Maior

Institucional 19/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz vén de asinar o convenio de colaboración co Centro Especial de Emprego Aixiña para dar continuidade á xestión do servizo de cafetería e comedor social do Fogar do Maior, como viña realizando estes anos co Xantar sobre Rodas, un programa que nacía no ano 2006 e que achega a comida as casas de 70 usuarios. O novo programa que Aixiña levará a cabo no comedor social xorde dun “proxecto de intervención social con persoas maiores e persoas dependentes físicas coas que traballamos” explicaba a xerente da asociación, Elisa Rodríguez, que ademais de ofrecer un servizo de comidas elaborará un plan de dinamización para realizar actividades con estes colectivos.



Rematan as primeiras obras de construción do Centro de Interpretación da Idade Media de Allariz

Institucional 14/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz vén de dar por rematadas as obras da primeira fase do futuro Centro de Interpretación da Idade Media (CIMA) situado nas inmediacións do Castelo da vila. As obras consistiron na adecuación das vivendas adquiridas na rúa do Castelo onde se situará o CIMA. Divulgar e dar a coñecer a importancia da época medieval alaricna é un dos obxectivos prioritarios do centro, ademais de ampliar e reforzar a capacidade de atracción no ámbito cultural e turístico da vila.

 

 


Reserva da Biosfera Área de Allariz

As Reservas da Biosfera Área de Allariz e o Alto Bernesga de León presentan un programa conxunto contra a despoboación rural

Sociedade 13/01/2010
  Envía a túa opinión

Os catro concellos que integran a Reserva da Biosfera Área de Allariz reuníronse hoxe cos responsables municipais da Reserva da Biosfera Alto Bernesga (León) para presentar o programa conxunto de loita contra a despoboación a través da inserción socio-laboral das mulleres rurais. A Fundación Biodiversidad vén de aprobar este proxecto e ambas Reservas da Biosfera comezan a traballar na súa implementación tanto na Área de Allariz como no Alto Bernesga, buscando un obxectivo global, a recuperación demográfica e socioeconómica das reservas, tendo en conta os criterios de sustentabilidade ambiental, social e económica, que marcan as políticas de desenvolvemento sostible a nivel mundial, europeo e nacional.

 


Santalices (esquerda) aposta por unha centralización da atención ao emigrado

Unha lei para conectar a diáspora con San Caetano

Institucional 26/12/2009
  Envía a túa opinión

A emigración galega non existe só cando se fala do voto en urna ou se fan xiras diplomáticas para visitar aos residentes no exterior. A Xunta entende que hai eivas no trato da Administración coa diáspora que pretende resolver mediante unha nova Lei do Retornado que elabora a instancias do Grupo Popular no Parlamento e cuxo contido se dará a coñecer en breve. A oposición saúda a idea, pero demanda que se teñan en conta as súas achegas.


Este mediodía celébranse mercados transparentes para difundir a situación dos labregos

Manuel Parente (SLG) : “Hai que arroupar ao sector agrario nesta situación crítica”

Sociedade 23/12/2009
  Envía a túa opinión

“Poñer en coñecemento da cidadanía o que está a suceder na produción das patacas”. Este é un dos obxectivos dos agricultores galegos que ven como aos consumidores se lles cobra o produto a corenta, cincuenta incluso sesenta céntimos por quilo, cando eles só reciben 4 céntimos. Unha situación denunciada polo Sindicato Labrego Galego que cataloga esta práctica de usura. A partir das doce do mediodía, celébranse mercados transparentes en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago para facerse escoitar e manifestar as súas queixas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros