Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da mobilización internacional

UGT e CCOO defenden en Vigo que o traballo decente non é un privilexio

Sociedade 06/10/2011
  Envía a túa opinión

A actividade sindical é constante nestas xornadas, na que as mobilizacións están espalladas polas rúas de toda Galicia, xa sexa en forma de manifestacións sectoriais, como as do naval; de concentracións contra os despedimentos, como as que se multiplican nas empresas que aplican EREs; ou as de gremios, como o dos mestres, que se opoñen aos recortes practicados polas administracións. Mais este serán celébrase unha nova marcha, convocada polos sindicatos UGT e Comisións Obreiras, e que terá réplica alén Galicia, pois atende ao chamado da Confederación Sindical Internacional, que instaurou en 2006 a celebración da Xornada Mundial polo Traballo Decente, unha reivindicación que engloba moitas das demandas da clase traballadora. As dúas centrais marcharán polas rúas de Vigo a partir das sete e media do serán, con saída do cruzamento da rúa Urzáiz con Vía Norte. Farano tras o lema “O traballo non é un privilexio. O emprego e as persoas, o primeiro”.


Manifestación da CIG esta mañá en Santiago de Compostela

“Queren deixalo morrer sen que se entere ninguén”

Sociedade 04/10/2011
  Envía a túa opinión

“Queren deixalo morrer sen que se entere ninguén” afirmou esta mañá en Santiago de Compostela o secretario de CIG Metal Xoán Xosé Bouzas. Nunha manifestación de delegados do sector naval de Vigo e Ferrol, o sindicalista achacou a redución nos encargos aos estaleiros, a “unha falla total de financiamento por parte das entidades de crédito e unhas administracións un pasotismo total”.


Dirixentes da CIG esta mañá en rolda de prensa

Unha industria vital para Galicia

Sociedade 03/10/2011
  Envía a túa opinión

Vital para Galicia. Así define a CIG á construcción de barcos. Este martes delegados e traballadores do sector naval de Vigo e Ferrol manifestaránse en Santiago de Compostela reclamando medidas que permitan superar a crise. A central nacionalista propón que Facenda e a Seguridade Social apracen o cobro das débedas contraidas polas empresas auxiliares e apostan por buscar novos sistemas que faciliten o crédito.


Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar

As 3.000 cartas en galego do conde de Gondomar

Sociedade 02/10/2011
  Envía a túa opinión

O club de lectores Biblos presenta a biografía  dun personaxe singular e pouco coñecido como é o Conde de Gondomar. Trátase da primeira biografía baixo o título “Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. Primeiro Conde de Gondomar” escrita polo historiador lugués, Francisco Maseda, en torno a un ilustre humanista galego universal que acadou grande renome e sona na declinante España dos Austrias.


O encontro retransmitirase en streaming a través da canle San Simón TV

Expertos españois e brasileiros analizan en San Simón a fenda dixital e as políticas de inclusión social

Sociedade 14/09/2011
  Envía a túa opinión

San Simón, a Illa do Pensamento, acollerá desde este xoves e ata o vindeiro sábado 17 o I Encontro Científico Bilateral España-Brasil do Proxecto SICEB (Sociedade da Información e do Coñecemento en España e Brasil), no que participará unha decena de recoñecidos especialistas de ambos países. Organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Fundación Illa de San Simón, estas xornadas teñen como obxectivo establecer un debate ao máis alto nivel sobre a fenda dixital e a inclusión social en Iberoamérica, con especial incidencia en experiencias galegas e brasileiras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros