Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A secretaria xeral para o Turismo Carmen Pardo

Propostas de turismo mariñeiro

Sociedade 18/03/2010
  Envía a túa opinión

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, reuniu a diferentes representantes dos Grupos de Acción Costeira (GAC) para asesorar e facilitar información sobre as posibilidades que contemplan os proxectos en materia turística que estes están a presentar  ao abeiro da convocatoria de 2010. Pretendían informar sobre as posibilidades o turismo mariñeiro en Galicia.


Pepe Carreiro asinando exemplares e a conselleira do Mar

Os Bolechas queren saber como é un porto

Sociedade 15/03/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A Consellería do Mar presentou esta mañá no Centro de Educación Infantil e Primaria de Carnota o libro “Os Bolechas queren saber como é un porto” dirixido aos máis pequenos co obxectivo de que coñezan como son os portos galegos, as actividades que se realizan neles e o valor que teñen para a cultura e patrimonio marítimo de Galicia. Durante a presentación a conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo acompañada polo Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana; polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e polo autor e debuxante do libro, Pepe Carreiro.


Cartaz do concerto

Ugia Pedreira e Fred Martins de concerto en Boiro

Cultura 09/03/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha festa de música moderna prepárase este venres no local social Aturuxo de Boiro. O brasileiro Fred Martins acompañará a Ugia Pedreira, cantante galega natural de Foz. O seu repertorio abarca folc, ska, electrónica, latina e boleros.


Os pasos elevados diminuirán o risco de accidentes

O BNG de Boiro a favor das melloras na seguridade vial

Institucional 03/03/2010
  Envía a túa opinión

O Consello Local do BNG de Boiro respalda as actuacións realizadas polo goberno municipal para a mellora da seguridade e da accesibilidade dos viais. A formación nacionalista considera que estas medidas consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores. Resolverase así a perigosidade provocada pola excesiva velocidade pola que se circula nalgúns tramos do viario boirense. 


Cartaz do curso

O Concello de Boiro aposta pola xuventude

Sociedade 26/02/2010
  Envía a túa opinión

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, acompañado pola Concelleira de Xuventude, Dores Torrado, asinaron un convenio coa Fundación de Estudios e Análise (FESAN), para a realización dun curso de monitor de tempo libre no Concello de Boiro, homologado pola Xunta de Galicia. No convenio estableceuse como responsable da cesión de instalacións públicas e supervisión da execución ao Concello de Boiro, que desenvolverá o curso no Centro Social de Boiro, mentres que a Fundación FESAN será a responsable da xestión do curso (impartición, matriculación, etc.)

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros