Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Alumnos do CEIP de Arzúa

Alumnado do CEIP de Arzúa visitará mañá as dependencias do concello

Institucional 03/06/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, acompañados polas súas respectivas titoras e mestras realizarán no día de mañá unha visita ás instalacións e dependencias da Casa Consistorial e da Biblioteca Municipal de Arzúa. Os 56 alumnos e alumnas do Centro Escolar serán recibidos polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, a partir das once da mañá e será o propio rexedor quen lles amose as instalacións e lles explique de xeito ameno o transcorrer diario da administración local. A finalidade desta visita é complementar os obxectivos propostos para o alumnado na programación anual do Coñecemento do Medio e concretamente no coñecemento da organización administrativa e servizos á comunidade dentro da localidade.



Participantes no “Coñece o teu país” en 2008

Arzúa recupera o programa “Coñece o teu país” de cara ao verán

Cultura 01/06/2009
  Envía a túa opinión

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa poñerá en marcha de cara a este verán unha nova edición do programa de visitas culturais ás catro provincias galegas, denominado “Coñece o teu país”. As datas elixidas para cada unha da viaxes coincidirá co primeiro sábado de cada mes, tendo lugar a primeira excursión o vindeiro 6 de xuño á costa sur da provincia da Coruña, o 4 de xullo será a provincia de Pontevedra a que reciba a visita de aproximadamente 150 veciños do municipio. En agosto, o día 1, tocaralle á provincia de Lugo e xa para pór un punto e seguido ao programa, con posible continuidade en vindeiros anos, rematarase facendo unha visita por Allariz, en Ourense; será o sábado 5 de setembro.

 


Punto Limpo de Arzúa

450 persoas fixeron uso do Punto Limpo de Arzúa dende a súa apertura

Sociedade 27/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arzúa fixo público hoxe un balance do uso do punto limpo nos seis primeiros meses de funcionamento dende a súa apertura; segundo os datos facilitados dende a concellería e confirmados por persoal da Empresa Coregal, encargada de xestionar o servizo, un total de 450 usuarios achegáronse ao longo deste medio ano ata as instalacións do recinto para depositar nel algúns dos residuos que están admitidos.

 


Casa do Concello de Arzúa

Pablo García, de Arzúa, finalista do premio de novela Biblos-Pazos de Galicia

Cultura 20/05/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Pablo Garcia Martínez de Arzúa e Zeltia Regueiro Fuentes do Temple (Cambre A Coruña) son os finalistas do V Premio Biblos para novelistas menores de 25 anos. Os dous deberán presentar agora a súa proposta definitiva antes do 13 de xuño e o 10 de xullo terá lugar a tradicional cea literaria na que se fallará o premio na Casa Grande do Bachao.


Imaxe exterior da casa reitoral amañada

San Martiño de Calvos xa ten local social

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa porá a disposición dos veciños de San Martiño de Calvos o local social parroquial, unha vez que as obras de rehabilitación xa están rematadas.Trátase dun local de pedra perfectamente acondicionado que os veciños poderán empregar para o desenvolvemento de todas as actividades que programen ao longo do ano.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros