Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Moncho Valcarce, cos veciños de Baldaio

A Irmandade Moncho Valcarce entrega os premios á defensa e á promoción da terra

Cultura 22/03/2011
  Envía a túa opinión

A Irmandade Moncho Valcarce entregará o vindeiro sábado na Coruña os seus galardóns anuais á defensa e á promoción da terra. Os premios queren lembrar a figura e o compromiso do cura das Encrobas, falecido o 1 de febreiro de 1993. Segundo indica Manuel María na contracapa do libro de Brais do Castro, Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, o sacerdote "primeiramente asumiu a súa condición de galego e logo a de crego, como é natural, e obrou en consecuencia, (...) converteuse nunha figura de primeira orde da auténtica Historia de Galiza da segunda metade do século XX".


O público poderá aínda visitar a mostra na sala municipal de exposicións de Palexco ata este domingo

Despedida de A granxa agrícola experimental de Galicia

Cultura 21/03/2011
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

"A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)" é unha exposición promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira.  A mostra pode visitarse na sala de exposicións de Palexco, no porto da Coruña, ata o domingo dia 27 de marzo.


Candidatas e candidatos da CIG nas eleccións dos representantes do profesorado universitario

Contra a precarización do profesorado das Universidades

Sociedade 19/03/2011
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O persoal docente das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela elexirán aos seus representantes o xoves dia 24. Os funcionarios elexirán xuntas de persoal e o plantel laboral designará aos seus comités de empresa. A CIG concurre a esas eleccións cun programa de defensa da Universidade pública e contra a precarización do profesorado.


Constitúe o fondo bibliográfico especializado en fotografía máis importante de Galicia

A biblioteca fotográfica de Manuel López pasa a mans da Deputación de A Coruña

Sociedade 17/03/2011
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o fotoxornalista e director da revista FOTO, Manuel López, asinarán mañá venres, 18 de marzo, ás 13.00 horas, na Biblioteca Provincial ( Rúa Riego de Agua, s/n, A Coruña), o documento de donación da biblioteca personal do fotógrafo coruñés, composta por máis de 4.000 volumes, á institución provincial coruñesa.


Taberneira

A Galicia de Carlos Valcárcel

Cultura 17/03/2011
  Envía a túa opinión

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña inaugura hoxe, ás 13:00 horas, unha exposición fotográfica de Carlos Valcárcel. Cincuenta anos dedicado á fotografía química actualmente, na súa eterna xuventude anímica, dedícase con acerto á fotografía dixital.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros