Envía a túa opinión
“Enfocamos a manifestación do sábado para que a diginidade de Ferrol non quede polo chan”, declarou esta mañá o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo Pintos. A CIG apoia a marcha ante a falta de incumprimento do presidente do goberno central, Rodríguez Zapatero, para tramitar e impulsar o levantamento do veto a Astano meste semestre da presidencia europea. É o momento idóneo para reivindicar o desbloqueo de Navantia xa que en xullo remata a presidencia española, afirmou. Para elo enviaron 9 mil cartas aos afiliados para que participen nunha marcha que consideran crucial para o futuro do naval ferrolán.
Envía a túa opinión
O son de Cociña, co seu Lácteo Mare e a cervexería Tarnas co seu Tarnasalado son os gañadores do III Concurso de Tapas do Concello de Fene, nas modalidades creativa e tradicional, respectivamente.O dia 9 de abril entréganse os premios.
Envía a túa opinión
Para xente á que lle gusta o baile, que quere praticalo e, á vez, facer exercicio, o Círculo de Perlío anuncia para o mes de abril o comezo dun novo curso de bailes de salón. As clases serán os xoves pola tarde. A actividade terá un custe de 15 euros mensuais para os socios e 20 euros para os non socios.
Envía a túa opinión
Perto de 450 escolares participarán este venres na celebración do Día da Árbore organizada polo Concello de Fene. Os alumnos e alumnas chegarán ás dez da mañá ao Monte Marraxón, ao lugar de Reboredo, para prantar unha árbore cada un, e involucrarse así na protección da natureza.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Estamos ás portas dunha nova edición do Festival A Mocidade coa Lingua de Fene.. Celebraráse o dia 7 de maio na Praza do Concello de Fene con Pablo Bicho como convidado especial. Os grupos non escolares teñen ata o 16 de abril para inscribirse.