Envía a túa opinión
A gaiteira Cristina Pato e a banda Mutenrohi suben hoxe ao escenario do Jofre. O concerto, previsto para as nove da noite, encádrase dentro do programa Xacobeo Raíces. Prezo das entradas: 8, 6 e 4 euros.
Envía a túa opinión
A praza de España de Ferrol transfórmase nesta xornada nun circuito saudable con motivo da recente conmemoración do Día Mundial da Saúde, que este ano tivo como lema “Urbanismo e vida saudable”. As persoas que, ao longo do día pasen pola céntrica praza ferrolá poderán practicar distintos deportes e actividades físicas (en horario de mañá, ate as dúas, e, pola tarde, de cinco a oito). Asemade, pola tarde, e grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Corazón, a cidadanía poderá someterse a controis de saúde.
Envía a túa opinión
Último chamamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra para participar na mobilización comarcal que partirá mañá, ao mediodía, do Ambulatorio da Praza de España de Ferrol. Baixo o lema “A saúde non é un negocio, non á privatización da Sanidade Pública”, máis de corenta asociacións da bisbarra secundan a convocatoria (moitas delas relacionadas co ámbito da saúde, pero tamén asociacións veciñais, partidos políticos e sindicatos).
Envía a túa opinión
O actual presidente de Asturias Vicente Alvarez Areces -daquela alcalde de Xixón- participou en Maniños (Fene A Coruña) na homenaxe que a sociedade O Pote rendiu en 1996 a Don Francisco Vizoso, músico e latinista que exerceu unha marcada influencia nas xeneracións de alumnos que pasaron polo Instituto Jovellanos de Gijón entre 1954 e 1989.
Envía a túa opinión
O porto exterior de Caneliñas, as instalacións do Cuartel Sánchez Aguilera e o pinar das Cabazas, en Covas, son os tres escenarios elixidos para a celebración, este fin de semana, dos simulacros de rescate de persoas en situacións extremas promovidos pola Asociación de Cans de Salvamento de Galicia en colaboración co Concello de Ferrol. Será unha oportunidade máis para que persoal de Protección Civil e dos bombeiros de Ferrol e doutros puntos da xeografía española e portuguesa poñan a proba a súa capacidade neste tipo de operacións.