Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Os camiñantes, o pasado sábado, percorreron o tramo O Cebreiro-Triacastela

Máis de medio cento de peregrinos na segunda etapa Triacastela-Sarria

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

As Concellerías de Educación e Xuventude  e Medio Ambiente do Concello de Ordes en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 poñían en marcha o pasado 10 de abril a iniciativa “Os Camiños de Santiago en Galicia”. Unha actividade a través da que se pretende facer unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro en diferentes etapas. Concretamente o pasado día 10 levávase a cabo a primeira destas etapas que deu comenzo no Cebreiro ata Triacastela. Así o próximo sábado día 17 está previsto que máis de medio centenar de persoas participen na segunda das rutas que terá como punto de partida Triacastela para finalizar en Sarria. 


O aceite é un dos produtos máis contaminantes na rede de saneamento

Para non perder aceite

Sociedade 14/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas dende hoxe mércores, un novo contenedor de recollida de aceite doméstico usado. O depósito ubicaráse na rúa Nova, á altura do número 36, e que suma así o séptimo contenedor deste tipo no municipio.


Sesión do obradoiro

Éxito do obradoiro de educación sexual

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Sanidade, está desenvolvendo estes días un ciclo de obradoiros de educación sexual e afectiva para os que conta coa colaboración do Consello da Xuventude.
Hoxe foi o primeiro día no que se celebrou este taller que contou coa participación de máis de 50 alumnos e alumnas de 3º do IES Maruxa Mallo. Uns talleres que se prolongarán tamén durante os próximos días con máis alumnos e alumnas do mesmo centro.


Instituto Nº 1 de Ordes

Ordes ábrenos un abano de propostas

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

Unha iniciativa interesante arrinca este luns no Instituto noº 1 de Ordes. Trátase da primeira Semana Cultural do centro que vén a completar a Semana da Ciencia celebrada hai unhas datas. Esta vez centraranse nas humanidades e as letras. Ábrese hoxe cunha conferencia sobre o conflicto Palestino-Israelí e continúa mañá martes, cunha representación teatral da obra “Trocando peles”. O programa complétase con charlas antropolóxicas, sobre o problema de Chiapas en México, obradoiros de ilustración de materiais gráficos ou de escritura antiga.  


Imaxe do pleno

A Mancomunidade de Ordes estudará un proxecto de reciclaxe de residuos pioneiro en Europa

Institucional 07/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes cambiou hoxe de escenario e trasladouse ata o salón de plenos do concello de Tordoia, iniciando así “unha rotación por todos os concellos da mancomunidade, para que todos os alcaldes afondemos no coñecemento dos distintos municipios que integran a comarca”, explicou o presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño. Unha sesión na que a Mancomunidade de Ordes tomou coñecemento de dúas propostas de colaboración, presentadas dende a Xunta de Galicia e a empresa Biclima.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros