Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Os veciños de Chao do Pousadoiro manifestáronse contra o proxecto de minicentral sobre o Eo

ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación ecoloxista ADEGA presentou alegacións ao proxecto e ao Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión, autorización e declaración de utilidade pública dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, cuxa concesión data do ano 1.922.  A “antigüidade da concesión, a nula xustificación pública do proxecto na actualidade, a protección ambiental da zona afectada, xa que é Reserva da Biosfera e LIC, e as consecuencias sociais da minicentral” son os motivos esgrimidos pola institución de defensa do medio ambiente “ para que a declaración de impacto ambiental sexa resolta negativa e, ao mesmo tempo, se dispoña a caducidade definitiva da concesión”.


Sotavento participará por terceira vez no evento

Sotavento cumpre a súa terceira semana dos “European Solar days”

Institucional 13/05/2010
  Envía a túa opinión

A Fundación Sotavento Galicia participará, por terceiro ano consecutivo, nos “European Solar Days” que se celebran do 17 ao 23 de maio e no que se organizan de xeito simultáneo máis de 7.000 eventos en 16 países europeos.


Antón Bao, primeiro pola esquerda, Antonio Veiga, terceiro pola esquerda, e Xermán Arias, primeiro pola dereita no acto de entrega do Correlingua 2010

Antón Bao e Antonio Veiga entregan os premios do Correlingua 2010

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

A Praza de Santa María de Lugo foi o espazo escollido polo vicepresidente da Deputación de Lugo mailo delegado de Cultura da Deputación de Lugo, os nacionalistas Antón Bao e Antonio Veiga, para entregar esta mañá os premios aos rapaces e rapazas que gañaron o Correlingua 2010 polos seus manifestos en defensa do idioma e as súas pancartas. O Gregorio Sánchez de Sarria, e o Quiroga Ballesteros e As Mercedes de Lugo, foron os triunfadores no certame de pancartas. O concelleiro de cultura de Sarria, Xermán Arias, tamén estivo presente no acto acompañando aos alumnos do centro sarriano.


Regina Polín asina o convenio de cesión da Casa da Barxa

A Deputación de Lugo urbanizará 3 rúas de Guitiriz cunha axuda de 735.000 euros

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

As rúas da Deputación, da Feira e do Mercado da vila de Guitiriz serán urbanizadas gracias a unha achega de 735.000 euros da Deputación Provincial de Lugo, tal e como anunciou hoxe  o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, durante unha visita ao concello chairego. Acompañado pola alcaldesa da vila, Regina Polín, Besteiro destacou que esta actuación inclúese dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública que foi aprobado polo Pleno no mes de abril, “e co que realizaremos investimentos na provincia sen aumentar a débeda pública para anticiparnos á saída da crise e manter os postos de traballo existentes”.


Os socialistas vilalbeses piden a mobilización da chaira en favor do galego

Os socialistas vilalbeses piden a mobilización da vila en favor do galego

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

A Agrupación Municipal Socialista de Vilalba chamou hoxe á mobilización da vila en pro do galego e pediron á poboación que “non esqueza o ataque á lingua, sufrido dende que o Partido Popular chegou á Xunta de Galicia, o ano pasado”. Por elo, segundo os socialistas “o vindeiro día 17 deberá ser un día de mobilización en defensa do noso idioma”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros